Filtro general
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Carral

edición 14.05.2024

Deputación da Coruña e Concello de Carral formalizan o convenio para a mellora da seguridade peonil

A institución provincial financiará as obras cunha achega de 64.000 euros para mellorar a accesibilidade peonil nos núcleos de Tabeaio e Carral e instalar redutores de velocidade nas contornas da zona escolar e do centro de saúde O deputado de Patrimonio, Xosé Lois Penas, e o alcalde de Carral, Francisco Javier Gestal, veñen de formalizar o acordo para a mellora da seguridade peonil nese municipio. A Deputación da Coruña financiará as obras cunha achega de 63.972 euros, en virtude do...

A Deputación da Coruña aproba obras de mellora da seguridade peonil en Carral

A Deputación da Coruña aprobou no pleno extraordinario celebrado onte un convenio de colaboración para cofinanciar o proxecto de mellora da seguridade peonil no Concello de Carral. O orzamento total das obras ascende a 79.965 euros, dos que a entidade provincial achega o 80% do financiamento, que supón 64.972 euros. As obras teñen como obxectivo mellorar a seguridade peonil no ámbito da N-550 entre os PQ 14 e PQ 18, ademais de tres pasos de peóns con redutores de velocidade situados nas...

Completados os trámites de expropiación para as obras de ampliación da ponte sobre o rego do Castro, en Carral

As obras contan cun investimento de 440.000 euros para mellorar o trazado e ampliar a ponte de catro a nove metros de ancho, mellorando a seguridade na zona O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe o anuncio de pago de depósitos previos dos 16 terreos afectados polas obras de ampliación e mellora da seguridade da ponte sobre o rego do Castro, na estrada provincial DP 2104 de Carral a Meirama. Os veciños e veciñas propietarias dos terreos están citados o día 20 de abril, a  a partir das...