A Deputación da Coruña aproba as obras de mellora da seguridade viaria nun tramo do Camiño de Santiago o seu paso por Abegondo

O pleno da Deputación aprobou hoxe por unanimidade o convenio co Concello de Abegondo que permitirá acometer as obras de mellora da seguridade viaria na DP-0105 desde os núcleos rurais do Barral de Arriba e Cos ata o Fontao e Meangos. A Deputación investirá 70.000 euros, o 70% da actuación, que ten un custe total de 100.753 euros. As obras tentan mellorar a seguridade dos peóns, maioritariamente peregrinos que fan o Camiño de Santiago, entre a conexión Cortiñán e Vilacoba e que atravesa a...