Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
RSS de la sección Galicia [RSS Galicia]

Jueves, 15 de agosto de 2019

A Xunta inviste preto de 1M€ no reforzo de firme da autovía Ferrol-Vilalba no treito dos concellos de Narón, San Sadurniño, As Somozas e As Pontes de García Rodríguez

O delegado da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou a zona de obras que melloran a seguridade e a calidade desta estrada autonómica...

Sábado, 10 de agosto de 2019

A Xunta acorda cos sindicatos traballar de xeito conxunto para identificar medidas que garantan o emprego industrial e o futuro do sector enerxético en Galicia

O Goberno autonómico comprométese a solicitar reunións con Endesa, a ministra para a Transición Ecolóxica e o comisario europeo en materia de Enerxía. Pedirá o establecemento dunha exención das medidas fiscais, que se fixen retribucións específicas nos casos que se utilice, por exemplo, biomasa forestal para o funcionamento das centrais ou a eliminación do céntimo verde ao carbón, ademais de abordar os mecanismos de CO2...

Miércoles, 7 de agosto de 2019

A Xunta abre hoxe o prazo de solicitude das axudas para impulsar a Industria 4.0 a través da contratación de 140 mozos e mozas menores de 35 anos

A Consellería de Economía, Emprego e Industria inviste neste programa pioneiro 2M€ que permitirá especializarse e acceder ao mercado laboral a persoas con titulación universitaria ou de técnico superior de FP. Desenvolverán en empresas e asociacións empresariais proxectos vinculados a áreas como a optimización financeira, a mellora da produción, a dixitalización e o emprendemento. Os interesados poderán presentar a súa inscrición ata o próximo 7 de outubro. A iniciativa enmárcase na nova Axenda 4.0, que busca a mellora competitiva do tecido empresarial e para cuxo desenvolvemento a Xunta destinará 350 millóns de euros durante os próximos catro anos (2019-2022)...

Martes, 30 de julio de 2019

A Xunta apoia con preto de 90.000 euros os esforzos de internacionalización do Consello Regulador dos Viños da Ribeira Sacra e da Asociación de Adegueiros e Transformadores do Miño

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, explicou que co programa Galicia Exporta Organismos Intermedios se busca incrementar as alianzas comerciais das empresas galegas no exterior e ampliar as posibilidades de novos investimentos e acordos empresariais. Polo que respecta á provincia de Lugo o programa de axudas apoia accións de promoción exterior conxuntas levadas a cabo por estas agrupacións de empresarios e produtores lucenses...

Jueves, 25 de julio de 2019

El puerto de A Coruña sufre el cierre de la planta de Naturgy y la crisis de Alcoa

La crisis industrial está pasando factura al puerto de A Coruña en un momento delicado para su futura estabilidad financiera. El plan de Naturgy de cerrar sus centrales térmicas en 2020 y el parón de las plantas de Alcoa han lastrado la actividad del puerto coruñés, que espera cerrar el año con una caída del 10% del tráfico de mercancías…

Miércoles, 24 de julio de 2019

Feijóo destaca que o contrato de 7 buques para Nueva Pescanova por 42,5 M€ é o maior encargo realizado por unha empresa pesqueira española da historia e xerou 200 novos postos de traballo

Salienta que o sector naval galego conta con preto de 38.500 traballadores asociados ao naval e á industria auxiliar, cun 6% máis de afiliación á seguridade social que hai un ano, o que supón un 4,3% do PIB galego. Recorda que, con datos do primeiro trimestre deste ano, dun tal de 58 contratos en toda España, 30 buques son para Galicia. Asegura que pedidos como os de Nueva Pescanova, “fan posible que Galicia conte nestes momentos coa segunda maior carteira de pedidos no continente, só por detrás de Holanda”...

Miércoles, 24 de julio de 2019

Particulares, empresas e autónomos poderán inscribirse desde hoxe no programa de axudas da Xunta para a renovación de vehículos

Preto dun cento de concesionarios xa participan nesta iniciativa, pensada para incorporar modelos máis eficaces e comprometidos co medio ambiente. As axudas van dos 1.000 aos 1.500 euros, dependendo do volume de emisións do propio vehículo, e concederanse por orde de chegada da solicitude...

Martes, 23 de julio de 2019

A Xunta reafirma o seu compromiso de colaboración cos concellos para habilitar servizos de socorrismo nas praias galegas

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe o servizo de socorrismo de Arteixo. Actualmente, hai preto de 5.700 inscritos no Rexistro profesional de socorristas de Galicia...

Viernes, 19 de julio de 2019

A Xunta expresa a súa satisfacción polo recoñecemento da Reconquista de Vigo como Festa de Interese Turístico Nacional

Alberto Núñez Feijóo salientou que se trata dun “orgullo para os vigueses e para toda Galicia” e lembrou o “apoio decisivo e permanente” do Goberno galego. A Xunta seguirá colaborando con este evento, agora cunha achega de alomenos 25.000 euros, aos que se lle poderán sumar outros 10.000...

Jueves, 18 de julio de 2019

Fundación Multiópticas y Ecodesarrollo Gaia finalizan por segundo año consecutivo su labor solidaria en Senegal

Los voluntarios de ambas organizaciones, con la colaboración de la ONG Solidariedade Galega, han atendido la salud visual de la población de Yoff-Tonghor durante dos semanas. Durante el desarrollo de la acción, se han entregado 2.000 unidades de gafas graduadas y de sol, así como 60 audífonos...

Martes, 13 de agosto de 2019

A Xunta lanza unha web para canalizar a información do Pacto dos Alcaldes polo Clima, que suma 150 concellos en Galicia

A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, María Cruz Ferreira, presentou onte por la mañá o portal vencellado a esta iniciativa, impulsada polas institucións europeas para implicar tamén ás administracións locais na loita contra o cambio climático. No seu primeiro ano en funcionamento, a Oficina Técnica do Pacto na comunidade tramitou xa 121 adhesións de entidades locais e outros 32 concellos amosaron o seu interese pola iniciativa ou iniciaron os primeiros pasos para incorporarse...

Sábado, 10 de agosto de 2019

'O teu Xacobeo' programa este verán un centenar de actividades culturais, deportivas e sociais por toda Galicia

O proxecto impulsado pola Xunta permite a posta en marcha de 352 iniciativas de dinamización en toda a Comunidade cun investimento de 4,7 millóns de euros. As actividades propostas por concellos, empresas ou particulares difunden os valores do Camiño a través da arte, a música, ou eventos sociais e culturais. A iniciativa enmárcase dentro da programación do próximo Xacobeo 21 e busca favorecer a participación e a descentralización do vindeiro Ano Santo...

Sábado, 3 de agosto de 2019

Galicia lidera en España a caída do paro e o incremento das afiliacións

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, valorou onte os datos do paro nunha visita que realizou á oficina de emprego de Boiro, que luce unha nova imaxe grazas ao plan de modernización que está levando a cabo a Xunta no Servizo Público de Emprego. Na comparativa anual, a Comunidade galega rexistra unha minoración do desemprego do -7,64% (-12.491 persoas), situándose a niveis inferiores aos de hai máis dunha década, e continúa superando o millón de afiliacións cun incremento do 1,56% (+15.937). As cifras de desempregados entre os menores de 30 anos e as mulleres son as máis baixas de toda a serie histórica (ano 2005)...

Viernes, 26 de julio de 2019

Galicia rexistra a menor taxa de paro desde 2008 tras ser a terceira comunidade na que máis baixa o desemprego no último ano

A EPA do segundo trimestre do ano reflicte que en Galicia hai máis emprego e menos paro, e case todo o traballo que se creou foi indefinido. A taxa de paro sitúase no 11,33%, superando en 2,69 puntos a media nacional. A Comunidade galega conta co menor número de desempregados dos gobernos de Núñez Feijóo, encadeando máis de cinco anos de baixadas consecutivas do paro na evolución anual. Houbo 34.600 parados menos que no segundo trimestre de 2018: a maior caída nun segundo trimestre desde 2005. A taxa de emprego é a maior nun segundo trimestre desde 2009, sumándose 23.000 ocupados máis no último ano. Tres de cada catro asalariados galegos son indefinidos e 9 de cada 10 ocupados traballan a tempo completo. Acadouse máis emprego entre a mocidade, mentres que a industria foi o sector onde máis medrou a ocupación no último ano. Na evolución trimestral, baixa o paro e sobe o emprego e o número de activos...

Jueves, 25 de julio de 2019

Dos gallegos especialistas en medicina subacuática forman a pescadores en Senegal para la prevención de problemas de salud

La iniciativa, impulsada por la ONG Ecodesarrollo Gaia, cuenta con la colaboración de la ONG Solidariedade Galega, cuyos profesionales se desplazaron este año por segunda vez a la localidad senegalesa de Yoff-Tonghor…

Miércoles, 24 de julio de 2019

O turismo en Galicia medra tamén no inicio do verán cun incremento dos viaxeiros internacionais do 19%

A demanda hoteleira na nosa Comunidade no mes de xuño creceu catro puntos máis que o conxunto do Estado e a rendabilidade hoteleira medrou case un 10%. Ao longo deste mes Galicia recibiu a preto de 500.000 viaxeiros, afianzando así o seu crecemento turístico despois de cinco anos de comportamento positivo...

Miércoles, 24 de julio de 2019

A Xunta destinará 730 millóns de euros a soster durante a vindeira década un sistema de transporte público que duplicará a súa cobertura territorial con máis de 3.100 liñas de autobús

Os interesados dispoñen de prazo ata o 23 de agosto para presentar alegacións a un mapa de liñas resultado dun intenso traballo de campo e de consulta cos concellos e usuarios. Os 28 contratos publicados onte abranguen un total de 1.206 liñas, das cales 701 serán de autobús compartido e 627 ofrecerán servizos baixo demanda. En total, cando a renovación integral dos servizos estea en marcha, o 50% dos escolares con transporte será atendido en autobuses compartidos. O Plan de transporte público define os itinerarios e os horarios dos autobuses que percorrerán máis de 60 millóns de quilómetros cada ano e que situarán unha parada a menos de 1 quilómetro do 97% da poboación de Galicia...

Viernes, 19 de julio de 2019

A Xunta desenvolverá durante os próximos catro anos a nova Axenda 4.0 coa que prevé facilitar a creación de 13.500 empregos industriais e a mobilización de 900M€

Feijóo precisou que este ano e o que vén se levarán a cabo 4 medidas clave que afondarán na transformación do tecido produtivo cara á Industria 4.0. Destacou que, entre 2015 e 2018, a Axenda apoiou case 9.000 empresas permitindo a mobilización de máis de 900 M€ en Galicia e creando máis de 14.000 novos empregos industriais. Tamén subliñou que, entre 2007 e 2013, a nosa Comunidade executou preto do 40% de toda a compra pública innovadora que se contratou en España, en concreto 112 M€ dun total de 293...

Jueves, 18 de julio de 2019

A Xunta convida a manter a unidade en torno ao Corredor Atlántico de Mercadorías e a traballar para que se traduza en investimentos para os portos e as plataformas loxísticas galegas

O Goberno galego reitera a súa disposición a aclararlle á Confederación de Empresarios da Coruña o que considera un erro de interpretación sobre o Corredor Atlántico, que se mantén nos termos defendidos e acordados conxuntamente ata agora. Lembra que a incorporación de Galicia e do Noroeste peninsular ao Corredor Atlántico abre a posibilidade de dispor de financiamento europeo para obras como a conexión ferroviaria de Langosteira. Sinala que o obxectivo agora debe ser que o Ministerio de Fomento presente ese proxecto á convocatoria de fondos da Unión Europea, algo compatible coa mellora da liña A Coruña-Monforte

Miércoles, 17 de julio de 2019

Un centenar de concesionarios súmanse ao plan da Xunta para impulsar a actualización do parque móbil e a mellora ambiental

A través destas entidades colaboradoras os particulares, empresas e autónomos poderán solicitar as axudas desde o 24 de xullo a partir das 9 da mañá. Este plan busca a renovación de vehículos con máis de 10 anos de antigüidade e coa ITV en vigor, ademais de cunha titularidade de polo menos un ano de vixencia. As axudas van dos 1.000 aos 1.500 euros, dependendo do volume de emisión...
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress