Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 8 de noviembre de 2019 | Leída 59 veces

Un total de 100 desempregados da Laracha rematan a súa formación dentro dos programas integrados de emprego da Xunta

O delegado territorial da Xunta participou na entrega de diplomas de produción industrial e de xestión loxística e de almacén...

[Img #49985]

 

O delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, acompañado polo alcalde da Laracha, Jose Manuel López Varela, participou onte no acto de clausura do Plan Integrado de Emprego (PIE), Impulsa Emprego-A Laracha no que se formaron a 100 alumnos e contou cun orzamento da Xunta de 250.000 euros e cun investimento total de máis de 294.000 euros.

 

Ovidio Rodeiro destacou que “con este curso o concello facilitou aos participantes do programa, información, orientación e asesoramento para atopar un traballo, así como formación específica no ámbito das actividades industriais e auxiliares, tales como a produción industrial de fabricación e montaxe en cadea e a xestión loxística e de almacén, complementadas con outras actividades vinculadas á administración e servizos, contabilidade e fiscalidade e novas tecnoloxías”.

 

O representante do goberno autonómico apuntou que “o PIE é unha iniciativa na que colaboran os concellos, as entidades e a Xunta para mellorar a formación transversal das persoas desempregadas para darlle máis opcións para atopar un emprego a través de actuacións que buscan a especialización grazas á posibilidade de combinar orientación e asesoramento con formación e prácticas”.

 

Na súa intervención, Ovidio Rodeiro lembrou que “estes programas recollen un obxectivo de inserción no mercado laboral do 45%”.

 

Así, a Xunta segue potenciando a colaboración cos concellos para dar novas oportunidades laborais á cidadanía.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress