Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 7 de noviembre de 2019 | Leída 12 veces

O goberno local elevará ao pleno extraordinario deste venres varios asuntos de índole económica

Xa foron sometidos ao ditame da Comisión Informativa de Facenda. Inclúese a dación de conta da liquidación do anterior exercicio económico e a proposta de aprobación dun suplemento de crédito para o financiamento de actuacións financeiramente sostibles...

No Concello da Laracha celebrarase este venres unha sesión extraordinaria do Pleno na que se tratarán asuntos de índole económica que xa foron sometidos ao correspondente ditame da Comisión Informativa de Facenda.

 

En primeiro lugar, darase conta á Corporación municipal do resultado da liquidación do exercicio económico 2018 que, como datos máis significativos, pechouse en 12.088.352,95 euros e cun remanente líquido de tesourería para gastos xerais de 2.708.043,39 euros.

 

O goberno local pretende facer uso de parte dese remanente propoñendo a aprobación dun crédito extraordinario que permitiría incorporar aos orzamentos a cantidade de 502.587,06 euros. O seu destino sería íntegro para investimentos financeiramente sostibles que non poden ser demorados ata o próximo ano e para os que non existe dotación económica nos presupostos vixentes. Trátase de moi diversas actuacións relacionadas con melloras na rede viaria municipal, nas redes de abastecemento, na iluminación pública, na recollida de residuos, nas infraestruturas públicas de titularidade municipal, nos equipamentos, no mobiliario urbano e na protección do patrimonio histórico.

 

O Concello da Laracha xa empregara durante o ano pasado parte do remanente resultante da liquidación orzamentaria da anterior anualidade para o financiamento de actuacións de investimento en infraestruturas e programas que melloraron a calidade de vida da veciñanza. Esta circunstancia implicou exceder o límite de gasto, xa que a variación con respecto ao ano anterior superou a taxa de referencia do crecemento do PIB determinado polo Ministerio de Economía. Por este motivo, e en cumprimento da normativa orzamentaria, elévase tamén ao Pleno a proposta de aprobación dun plan económico financeiro que non precisará de medidas e que reconducirá formalmente a situación de cara ao período 2019-2020.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress