Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 7 de noviembre de 2019 | Leída 88 veces

A Xunta salienta en Arteixo a importancia da cooperación cos concellos e entidades para ofrecer novas oportunidades laborais

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, visitou onte neste concello coruñés o Centro Arteixo-Innovación e mais aos usuarios do programa integrado de emprego ‘Porta de entrada III’, que se celebra na asociación Agarimo. Destaca a importancia de adaptar as cualificacións aos perfís profesionais que precisan as empresas para competir, crecer e xerar emprego de calidade...

[Img #49979]

 

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, destacou onte en Arteixo a importancia da cooperación entre a Xunta, os concellos galegos e as entidades para ofrecer novas oportunidades laborais aos cidadáns, durante as visitas que realizou tanto ao Centro Arteixo-Innovación como ao equipo e usuarios do programa integrado de emprego Porta de entrada III, que se realiza nas instalacións da asociación Agarimo.

 

Na visita ao Centro Arteixo-Innovación -no que se sitúan as dependencias de Promoción Económica, así como as aulas de formación ocupacional- Casal subliñou que a mellora da orientación é unha das prioridades do Goberno galego, para o que se está traballando nun novo modelo de orientación aberta, en potenciar a atención personalizada a empresas e en afondar na formación continua do persoal técnico. Tamén asegurou que xerar empregos de calidade e reter o talento require da implicación de todos, polo que puxo en valor o interese do concello de Arteixo ao que se lle concederon oito cursos para desempregados e un programa integrado de emprego.

 

Posteriormente, o director xeral visitou as instalacións da asociación Agarimo, onde se desenvolve o programa integrado de emprego Porta de entrada III, no que participaron 100 usuarios que accederon a formación en áreas como a carpintería, a limpeza industrial, vendas, actividades de xardinaría ou camareiro.

 

O programa integrado de emprego inclúe actividades de orientación e asesoramento individualizado, intermediación laboral e acompañamento na procura de emprego, obradoiros de motivación, así como formación transversal en novas tecnoloxías e idiomas. O compromiso adquirido de inserción laboral mínima para esta iniciativa, que inclúe un programa formativo adaptado á demanda das empresas da contorna, é dun 40%. Casal explicou que Galicia está desenvolvendo 40 programas integrados co compromiso de acadar unha inserción do 35%. Ademais, insistiu na aposta pola formación que representa unha prioridade para a Xunta, ben para persoas ocupadas ou ben para desempregadas, co obxectivo de crear máis e mellor emprego para toda Galicia. Para rematar, o director xeral salientou a importancia de adaptar as cualificacións aos perfís profesionais que precisan as empresas para competir, crecer e xerar emprego de calidade.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress