Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 2 de noviembre de 2019 | Leída 30 veces
BNG

O Concello de Arteixo aproba por unanimidade a moción aos Orzamentos da Xunta presentada polo BNG

O BNG demanda o abastecemento en Larín, a posta en marcha de bacharelato no IES de Pastoriza e o servizo de tarde nos centros de saúdes de Meicende e Vilarrodís. O Concello reclamará estes investimentos para o 2020. O BNG tambén preguntou sobre a paralización das obras nas Eiras e o parque do centro cívico de Meicende. Denunciou a falta de accesibilidade do parque infantil de Santaia.
 Tamén reclamou información sobre as solicitudes e usos no polígono de Sabón...

O grupo municipal do BNG en Arteixo presentou no pleno ordinario celebrado o 31 de outubro de 2019 unha moción en relación aos Orzamentos da Xunta para 2020. Todos os grupos da corporación acordaron por unanimidade reclamar á Xunta de Galicia as seguintes medidas demandadas polo BNG. Así, solicitarase unha partida orzamentaria lóxica para o abastecemento de Larín, a posta en marcha de bacharelato no IES en Pastoriza e o servizo de tarde e persoal nos centros de saúde en Meicende e Vilarrodís.

 

Paralización de obras en Meicende

O BNG en Arteixo pediu no pleno explicacións e información ao goberno municipal sobre o estado actual de diversas obras paralizadas en Meicende. O BNG preguntou pola situación legal do contrato de obras de urbanización das Eiras (Meicende) coa empresa adxudicataria e cando teñen previsto retomar as obras. Preguntado sobre o procedemento xudicial co veciño que se nega a abandonar a súa vivenda, o goberno do PP non respondeu e comentou que "o avogado do veciño solicitou unha cita co Concello".

 

Tamén en Meicende está parada a obra do parque do centro cívico. En abril de 2019 o Concello de Arteixo formalizou o contrato para a construción dun parque a carón do centro cívico de Meicende. A obra foi adxudicada a "Avanza Gestión Integral de Inmuebles" por valor de 300.006 euros e un prazo de execución, que se está incumprindo, de 6 meses. En relación a isto, o BNG preguntou ao goberno os motivos da paralización da obra e a situación administrativa e legal do contrato. O goberno respondeu que as obras están paradas debido a un poste da luz e que agardan a resposta de Naturgy para poder continuar.

 

Accesibilidade do parque de Santaia

O Concello de Arteixo habilitou un parque infantil na parroquia de Santaia. En cambio, o parque non conta con bancos nin papeleiras e advírtese unha falta de servizos de limpeza. Aínda máis grave, o parque incumpre a lei de accesibilidade e eliminación de barreiras arquitectónicas. O BNG preguntou por todo isto ao goberno do PP. Este respondeu que xa ten unha proposta dos veciños para sementar herba, plantar árbores e colocar bancos e papeleiras. Comprometéronse a facer un parque accesible.

 

Polígono de Sabón

Comprometidos cos comerciantes de Arteixo e a súa actual preocupación debido á modificación puntual das normas subsidiarias do conxunto do Polígono de Sabón onde curiosamente se amplían os usos no sector terciario, o BNG preguntou polo número de solicitudes de licenza e o tipo de actividades pedidas nas parcelas 75, 76 A y B, 77 y 79 do polígono industrial de Sabón.

 

O goberno avanzou que hai 3 licenzas: para un supermercado (Mercadona), un edificio para usos terciarios como oficinas e para urbanizar nos límites da parcela (vinculada á modificación das normas subsidiarias).

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress