Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 2 de noviembre de 2019 | Leída 89 veces

O goberno local de Arteixo incumple o acordo acadado cos sindicatos no pasado mes de abril

A Valoración de Postos de Traballo na que a representación sidical, por mandato do goberno, traballa dende hai anos, resolvería as diferencias salariais e equipararía a situación do persoal municipal con concellos de similares características…

A representación sindical do Concello de Arteixo quere, de forma unánime, saír ao paso das manifestacións verquidas recentemente en torno á situación do persoal municipal.

 

En abril deste ano, e tras varios anos de negociación, o goberno e esta representación sindical aprobaron en Mesa Xeral unha relación de postos de traballo, xunto coa valoración dos mesmos, que resolvería as inxustas diferencias salariais actuáis, ademáis de equiparar a situación dos traballadores desta administración con concellos de similares características. O goberno local incumple este acordo e nega, incluso, que se chegara ao mesmo.

 

A relación de postos, así como a súa valoración, foi un arduo traballo desta representación realizado por encargo do mesmo executivo municipal.

 

A valoración e relación destes postos resolvería, inopinadamente, os problemas organizativos e outras acuciantes necesidades que a día de hoxe padece esta administración e que repercuten, directamente, no servizo que se presta aos veciños.

 

Todos os sindicatos con representación na plantilla de persoal, de forma unánime, instamos ao executivo a cumplir o acordado e amosamos, asimismo, o noso completo apio ao comunicado emitido pola Asociación APLA da Policía Local de Arteixo con respecto a que o Concello carece dunha organización estructurada da súa plantilla de persoal.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress