Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 29 de octubre de 2019 | Leída 114 veces
BNG

O BNG de Arteixo presenta no pleno municipal unha moción en relación aos Orzamentos da Xunta para 2020

O grupo municipal reclama un incremento do Fondo de Cooperación Local e das transferencias en deportes e infraestruturas, entre outras. Solicita, ademais, partidas orzamentarias para o abastecemento en Larín, a posta en marcha de bacharelato no IES de Pastoriza e o servizo de tarde nos centros de saúdes de Meicende e Vilarrodís...

O grupo municipal do BNG en Arteixo presenta unha moción en relacións aos Orzamentos da Xunta 2020 para o seu debate no pleno do 31 de outubro de 2019.

 

Os orzamentos da Xunta de Galicia para 2020 evidencian un crecemento insuficiente no Fondo de Cooperación Local así como un decrecemento en transferencias derivadas de subvencións ou convenios nas transferencias en deportes, infraestruturas, dinamización económica do medio rural, industria, enerxía, comercio e turismo; manténdose estancadas desde hai varios anos en materias como a normalización lingüística.

 

O grupo municipal do BNG presenta no pleno da corporación unha moción coas seguintes medidas a adoptar.

 

En primeiro lugar, reclamar da Xunta un incremento do Fondo de Cooperación Local e das transferencias derivadas de convenios ou subvencións, nomeadamente das transferencias en deportes, infraestruturas, dinamización económica do medio rural, industria, enerxía, comercio, turismo e normalización lingüística.

 

En segundo lugar, solicitar unha partida orzamentaria lóxica para o abastecemento de Larín. Ata o ano pasado, o custo total da obra era de 1.000.000 de euros e, nestes orzamentos, reduciuse nun 50% sen explicar os motivos.

 

En terceiro lugar, solicitar unha partida para a posta en marcha de bacharelato no IES en Pastoriza, así como solución orzamentaria para a saturación do Manuel Murguía e o de Sabón. Nos orzamentos non aparece reflectida esta necesidade. O IES Manuel Murguía está saturado e no de Sabón xa se tiveron que trasladar ciclos formativos para un edificio contiguo debido á falta de espazo.

 

En cuarto lugar, solicitar unha partida orzamentaria para a posta en marcha do servizo de tarde no centro de saúde de Meicende e Vilarrodrís así como a ampliación do mapa de servizos e do persoal que prestan os actuais nos centros de Arteixo e Vilarrodrís.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress