Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 26 de octubre de 2019 | Leída 15 veces

Oito empresas aspiran á adxudicación do proxecto de mellora viaria na parroquia de Soandres

A Mesa de Contratación reunirase a próxima semana para proceder á apertura das plicas coas ofertas. Contémplase a renovación do pavimento na estrada de 2,5 km que comunica Vilanova, Saldante e Samir...

A Mesa de Contratación do Concello da Laracha reunirase a próxima semana para proceder á apertura das plicas coas ofertas das oito empresas que optan á resultar adxudicatarias da execución do proxecto de mellora da rede viaria na parroquia de Soandres.

 

A actuación afecta á estrada municipal que comunica os núcleos de Vilanova, Saldante e Samir e remata na vía local A Laracha-Cerceda. Trátase dunha das estradas máis concorridas da parroquia por pasar xunto ao cemiterio e estar próxima ao mosteiro de San Pedro. Ten unha distancia de 2,5 quilómetros e unha anchura variable dun mínimo de 4,75 metros e un máximo de 6 metros. Esa superficie será dotada cun novo pavimento de aglomerado asfáltico en quente. Contémplanse, tamén, a sinalización e a limpeza das cunetas e caños.

 

Este proxecto está valorado en 91.000 euros e será cofinanciado entre o Concello da Laracha e a Consellería do Medio Rural ao estar subvencionado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) no marco do Plan de mellora de camiños municipais 2019-2020.

 

Unha vez abertas as plicas e cualificadas as ofertas en base aos criterios técnicos establecidos nos pregos que rexen o procedemento, o Concello estará en disposición de adxudicar as obras.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress