Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 23 de octubre de 2019 | Leída 30 veces
A LARACHA

Últimos días para inscribirse na primeira das actividades do Outono Xuvenil

Este sábado pola mañá realizarase unha saída ao Coruña Láser Combat. O programa vai dirixido a mozos de 12 a 30 anos de idade...

Para este sábado o Concello da Laracha ten programada a primeira das propostas lúdicas do Outono Xuvenil. Consiste nunha saída ao centro de simulación táctica Coruña Láser Combat, que conta cun amplo campo cuberto onde os participantes pasarán dúas horas xogando en equipos e recreando estratexias con armamento láser. A saída do autobús desde a Praza do Concello será ás 11:00 horas e o regreso, en torno ás 13:30 horas. O custe da inscrición é de 20 euros e debe formalizarse no Concello. Poden participar mozos de idades comprendidas entre os 12 e os 30 anos.

 

O programa Outono Xuvenil conta con outras dúas propostas para as que tamén está aberta a inscrición. O sábado 16 de novembro (10:30 a 13:30 horas) visitaranse as instalacións de Coruña Virtual Games, un lugar de referencia en Galicia no emprego para uso recreativo das tecnoloxías de realidade virtual de última xeración. O custe é de 15 euros e neste caso requírese ter, canda menos, trece anos de idade.

 

Por último, o venres 27 de decembro en horario de tarde (16:00 a 18:30 horas) proponse unha xornada no Urban Planet de Oleiros, onde os asistentes poderán gozar do trampolín park máis grande de España para practicar saltos e piruetas. O custe da inscrición é de 14 euros.

 

En todos os casos o Concello da Laracha asume os gastos do transporte e dos monitores que acompañarán aos participantes durante as tres xornadas.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress