Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 23 de octubre de 2019 | Leída 65 veces

O Concello organizará un novo programa integrado de emprego co financiamento da Xunta de Galicia

Mellorarase a empregabilidade de 100 persoas, sendo o obxectivo de inserción laboral do 35%. Está valorado en 250.000 euros...

O Concello da Laracha, co apoio da Xunta de Galicia, continúa apostando polo desenvolvemento de políticas activas de emprego poñendo en marcha iniciativas dirixidas a mellorar a formación das persoas que se atopan en situación de desemprego coa finalidade de aumentar as súas opcións de inserción no mercado laboral. A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de comunicar a concesión ao Concello da Laracha dun novo programa integrado de emprego a desenvolver nos próximos doce meses e que terá un orzamento de 250.000 euros.

 

O programa vai dirixido a persoas residentes no termo municipal da Laracha e que se atopan en situación de desemprego. Nos próximos días o Concello emitirá a oferta de emprego público ao Servizo Público de Emprego de Galicia que, unha vez realizadas as pertinentes sondaxes, procederá a citar aos posibles aspirantes. En total serán cen os participantes, dando preferencia a determinados colectivos (persoas con discapacidade, en risco de exclusión social, menores de 30 anos, maiores de 45 anos, mulleres e desempregados de longa duración) e sendo o obxectivo de inserción laboral do 35%. O equipo profesional estará formado por tres orientadores prospectores e un administrativo.

 

O programa integrado de emprego que se desenvolverá na Laracha susténtase sobre as bases da información, a orientación, o asesoramento, a formación (específica e transversal), a práctica laboral, a percepción empresarial, as habilidades sociolaborais, o fomento da capacidade de emprendemento e a intermediación laboral. Por tanto, non soamente procura ofrecer aos participantes os coñecementos e a experiencia precisos para acceder a un posto de traballo, senón que tamén promove o autoemprego.

 

A formación transversal, idéntica para todos os participantes, centrarase no desenvolvemento de accións dirixidas a reforzar as habilidades e técnicas de busca de emprego, asesoramento sobre autoemprego, cursos de aprendizaxe de novas tecnoloxías e idiomas, obradoiros sobre mobilidade laboral e coaching para o emprego.

 

Para o desenvolvemento da formación específica realizarase un estudo personalizado de cada usuario analizando as súas características persoais e competencias profesionais para crear un itinerario axustado a elas. Os tres posibles itinerarios profesionais estarán relacionados coa atención sociosanitaria a persoas en institucións, actividades auxiliares de almacén e administración e servizos. As persoas que superen a formación recibirán o certificado de profesionalidade na especialidade correspondente.

 

Durante a súa participación no programa os participantes poderán gozar de medidas de axuda á conciliación que porá a súa disposición o Concello da Laracha. Ademais, pola asistencia a cada acción formativa percibirán unha bolsa diaria de cinco euros.

 

En definitiva, o programa integrado de emprego pretende axudar aos participantes a aproveitar as oportunidades de emprego que se ofrezan no Concello da Laracha e na súa área de influencia en sectores con crecente demanda de perfís profesionais. Orientaranse cara eses ámbitos as accións formativas e acompañarase neses itinerarios individualizados ás persoas que se atopan actualmente en situación de busca activa de emprego para aumentar as súas capacidades e, por tanto, as súas posibilidades de inserción no mercado laboral.

 

Esta será a segunda experiencia destas características para o Concello da Laracha. O programa integrado de emprego Impulsa emprego A Laracha, no que tamén participaron cen persoas, concluirá a final deste mes tras case un ano de actividade na que se alcanzou unha inserción laboral próxima ao 30%.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress