Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Domingo, 20 de octubre de 2019 | Leída 26 veces

O Concello avanza no desenvolvemento das actuacións previas á implantación da quinta fracción de recollida selectiva de residuos

Foron adxudicados os proxectos de dotación de ancoraxes, subministro de cubos para as vivendas e a campaña divulgativa. Están valoradas en preto de 50.000 euros, cofinanciados pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas...

O Concello da Laracha implantará en próximas datas o colector marrón de orgánicos, a que será a quinta fracción de recollida selectiva dos residuos sólidos urbanos. Farase nos tres núcleos urbanos (A Laracha, Paiosaco e Caión) e tamén na urbanización Monte Claro de Cabovilaño.

 

Dita implantación require dunha serie de accións previas que o Concello tamén levará a cabo. Precisamente nesta semana completouse o procedemento de adxudicación de tres actuacións que suman un investimento total duns 50.000 euros e que serán cofinanciadas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

 

Unha desas accións consiste na adquisición e instalación de 130 ancoraxes para os colectores de 360 litros de volume que xa están a disposición do Concello e cos que se dará cobertura a todas as zonas previstas na primeira fase de implantación da quinta fracción.

 

Outra das accións ten por obxecto a subministración de cubos aireados e de packs de bolsas compostables que serán cedidos de xeito gratuíto ás familias que decidan acollerse de xeito voluntario a esta iniciativa.

 

A última acción será o desenvolvemento dunha campaña informativa e divulgativa con material impreso e servizo de difusión para explicar á cidadanía en que consiste a quinta fracción, que tipo de material debe depositarse no novo colector marrón e de que xeito hai que facelo, ademais de sensibilizar á poboación sobre a importancia de separar ben os residuos para facilitar o seu posterior tratamento e reciclado.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress