Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 17 de octubre de 2019 | Leída 18 veces
CAMBRE

O grupo teatral Bucanero aterrará en Cambre coa súa obra Os amos do mundo

O Concello de Cambre continúa coa súa axenda cultural de outono ofrecendo actividades para todos os públicos...

Unha das próximas será a representación de Os amos do mundo, a cargo do grupo teatral Bucanero. A obra terá lugar o domingo, 27 de outubro ás 19:00 horas, no Centro Sociocultural O Graxal.

 

A comedia Os amos do mundo está dirixida por Lino Braxe e escrita por Carmen Blanco. A representación estará interpretada polos actores Xosé Bonome e Pedro Picos, e versará sobre a inxustiza, a cobiza e a violencia nun mundo gobernado polo diñeiro. Con esta proposta, a compañía busca que o público asistente goce dunha boa sesión de teatro, e que reflexione sobre o tópico da obra.

 

As persoas interesadas en acudir á función poden recoller as entradas para partir do luns, 21 de outubro, nas bibliotecas municipais, no Museo de Cambre e na Casa da Cultura. A función está dirixida a maiores de 16 anos.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress