Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 15 de octubre de 2019 | Leída 64 veces

O programa integrado da Xunta 'Impulsa Emprego – A Laracha' mellora as competencias profesionais de 100 persoas desempregadas

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, visitou onte na Laracha, aos alumnos que participan nesta iniciativa. A actuación inclúe tamén accións de orientación e asesoramento laboral individualizado e formación transversal en novas tecnoloxías e idiomas. Casal salientou a importancia da cooperación entre a Xunta, concellos e entidades para ofrecer novas oportunidades laborais á cidadanía...

[Img #49767]

 

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, visitou onte na Laracha aos participantes do Programa Integrado de Emprego Impulsa Emprego-A Laracha. A iniciativa permitirá que un cento de persoas sen emprego reciban formación de calidade para facilitar a súa inserción sociolaboral. En concreto, estanse impartindo itinerarios relacionados con almacéns e loxística; produción, fabricación e montaxe en cadea; administración e servizos; contabilidade e fiscalidade; e novas tecnoloxías.

 

O programa integrado de emprego inclúe actividades de orientación e asesoramento individualizado, intermediación laboral e acompañamento na procura de emprego, obradoiros de motivación, así como formación transversal en novas tecnoloxías e idiomas. O obxectivo adquirido de inserción laboral mínima para esta iniciativa, que inclúe un programa formativo adaptado á demanda das empresas da contorna, é dun 45%.

 

Casal explicou que Galicia está desenvolvendo 40 programas integrados cun investimento de 10M€ para 4000 desempregados e desempregadas e o compromiso de acadar unha inserción do 35%. Ademais, insistiu na aposta pola formación que representa unha prioridade para a Xunta, ben para persoas ocupadas ou ben para desempregadas, co obxectivo de crear máis e mellor emprego para toda Galicia.

 

Para rematar, o director xeral salientou a importancia de adaptar as cualificacións aos perfís profesionais que precisan as empresas para competir, crecer e xerar emprego de calidade. Neste senso, destacou a cooperación entre a Xunta, concellos e entidades para acadar o máximo proveito dos programas integrados de emprego.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress