Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 15 de octubre de 2019 | Leída 64 veces
ARTEIXO

A Feira Histórica de Arteixo terá espectáculos de danza tradicional galega, de bailes de principios de século, de tango e de danzass polinesias

A cita celebrarase o 18, 19 e 20 de outubro, estará adicada a danza en todas as súas expresións históricas e ofrecerá un gran número de actividades e actuacións…

[Img #49764]

 

O concello de Arteixo presentou onte a Feira Histórica Arteixo 1900 coa presencia de varias das agrupacións adicadas o baile e a danza que participarán nos espectáculo que durante tres días (venres, sábado e domingo) ofreceranse nas prazas e nas rúas de Arteixo. Así estiveron na presentación, acompañadas pola concelleira Ana Bello, Xiradela, cuios representantes falaron dos espectáculos e obradoiros da baile tradicional galego; Faíscas, Tropicalia, que orecerá un espectáculo de tango; e a asociación Ia Ora Tahiti Galicia, que ofrecerá un espectáculo especial baseado nos cuadros de Gauguin e as danzas polinesias.

 

Cun amplio abanico de actividades, o concello de Arteixo adicará a danza en todas as súas manifestacións a nova edición da Feira Histórica 1900, que nesta edición cumpre vinte anos. Así a Feira Histórica fará un percorrido por todo tipo de danzas e bailes, desde os tradicionais galegos representandos por agrupacións como Xiradela, espectáculos infantiles como “A danza dos páxaros” do grupo Paporrubio, ou o espectáculo con ilusións ópticas “Danzando coa lúa” de Yolanda Paz. Á parte dos espectáculos variados, tamén haberá obradoiros de danza e baile, como o de tango que ofrecerá o grupo Tropicalia ou o tradicional como o que impartirán os membros de Xiradela.

 

Nos textos que acompañan a programación no tríptico editado polo concello recordanse tamén como o longo da historia foron cambiando as costumes dos veciños en canto as reunións que se utilizaban para a festa e o baile, que antigamente se facía nas eiras que pasaron a ser sustituidos polos salóns de baile.

 

Na presentación tamén participou o Centro Comercial Aberto, que será o encargado de dinamizar a praza do Belneario, e que traerá, entre outras cousas, a música de grupos como Jimmy Barnatan & The Cocooners ou Andhrea & the Black Cats

 

A programación, tres días repletos de actividade, contempla citas xa tradicionais como a cea histórica ou a taberna de Picadillo. Ademáis as rúas énchense, durante tres días, de actuacións, música, "performances" e teatro coa danza como eixe central. Tamén se escenifican xogos populares, que se combinan con outras atraccións máis contemporáneas como pode ser a tirolina de cen metros de longo que se instalará nas marxes do paseo fluvial.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress