Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 10 de octubre de 2019 | Leída 35 veces

A Comisión Europea confírmalle á Xunta que Galicia poderá optar aos fondos para unha transición enerxética xusta a partir de 2021

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinala tras reunirse en Bruxelas con representantes da Dirección xeral de Acción polo Clima e da Dirección xeral da Competencia que Europa comparte a visión do Goberno galego neste ámbito. Demanda tempo para impulsar un traballo colectivo e atopar alternativas e reclámalle tanto ao Goberno central como a Endesa que establezan as medidas para a reactivación inmediata da planta. Avoga polo esforzo conxunto de todos os axentes para lograr que a transición sexa xusta desde o punto de vista social, de sustentabilidade e de inclusión...

[Img #49735]

 

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinalou onte que a Comisión Europea ten trasladado á Xunta que Galicia poderá optar aos fondos de transición xusta que se establecerán por parte da Comisión a partir do ano 2021. Conde, que se reuniu, entre outros, coa directora de Mercados Europeos e Internacionais do Carbono, que forma parte da Dirección xeral de Acción polo Clima, Beatriz Yordi, e con Carlos Esteva Mosso, director xeral adxunto de Axudas de Estado da Dirección xeral da Competencia, apuntou que a Comisión Europea comparte a visión da Xunta dunha transición enerxética xusta e que quedou constatado que Galicia vai na boa dirección.

 

O conselleiro demandou tempo para buscar alternativas, reclamándolle tanto ao Ministerio para a Transición Ecolóxica como a Endesa que establezan as medidas para a reactivación inmediata da planta. O conselleiro avogou por impulsar un traballo colectivo e un esforzo conxunto para lograr esa transición xusta desde o punto de vista social, de sustentabilidade e de inclusión. En definitiva, reclamou “que non haxa un peche abrupto das centrais e que haxa un traballo compartido por todos os axentes”, entre os que citou a Administración, as empresas, os actores sociais, as universidades e os centros tecnolóxicos.

 

Conde instou a que a mesa técnica sobre a central das Pontes proposta pola Xunta e o Concello pontés se constitúa canto antes e que desde o primeiro momento traballe non só na reactivación da planta, senón tamén na identificación de alternativas e proxectos para cumprir “cun mandato claro da Comisión Europea, que a transición xusta ten que ser unha oportunidade para xerar novos proxectos, emprego e unha oportunidade para as comarcas que están vinculadas a este tipo de centrais”.

 

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria pediu ao Goberno central que reaccione e que abandone a “política enerxética errática” que, segundo sinalou, non só está afectando a Meirama e a As Pontes, senón tamén ás empresas electrointensivas, como Alcoa. Lembrou así mesmo que Galicia conta cunha planificación industrial orientada á nova economía e vinculada á Industria 4.0, a dixitalización, a innovación, e o desenvolvemento de novos proxectos.

 

Semana Europea das Rexións e das Cidades

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria visita Bruxelas coincidindo coa Semana Europea das Rexións e das Cidades. Ademais de manter reunións con representantes de distintas direccións xerais, participa no I Cumio sobre o futuro da mobilidade autónoma.

 

Onte pola mañá Galicia tamén estivo representada no pleno do Comité Europeo das Rexións (CdR), no que o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia, Jesús Gamallo, tamén apoiou unha transformación socioeconómica xusta e progresiva para as rexións carboníferas de Europa, incluídas aquelas que xeran electricidade a partir do carbón.

 

Esta visión é compartida polo Comité Europeo das Rexións, ao expresar nun dos seus ditames como obxectivo de futuro que o cambio estrutural nas rexións carboníferas afectadas teña éxito económicamente, sexa ecolóxicamente sostible e, sobre todo, conte con aceptación social no camiño cara unha economía más diversificada e hipocarbónica.

 

Emenda ás negociacións do marco financeiro plurinanual

Así mesmo, o director xeral de Relacións Exteriores presentou unha emenda, a cal foi finalmente aprobada, no seo da resolución do Comité relativa ás negociacións interinstitucionais do marco financeiro plurianual para o período 2021-2027. A reclamación do goberno galego solicita que as rexións que descendan de categoría no novo orzamento a longo prazo da UE, como é o caso de Galicia, non vexan reducida a súa asignación de fondos comunitarios no vindeiro marco financeiro 2021-2027.

 

Esta decisión do Comité Europeo das Rexións entronca coa postura defendida onte en Bruxelas polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, durante o encontro que mantivo co director xeral de Política Rexional da Comisión Europea, Marc Lemaître, e que volveu defender no seminario sobre a futura política europea de cohesión organizado pola Fundación Galicia Europa no marco da Semana Europea das Rexións e das Cidades.

 

Outros ditames do CdR importantes para os intereses de Galicia refírense ás transicións dixital e ecolóxica en Europa, a un novo marco político para as pemes europeas e ao envellecemento activo e saudable. Nesta materia, Galicia e o servizo sanitario do Sergas, acaban de recibir a máxima cualificación da Comisión Europea como rexión de referencia na abordaxe integral do envellecemento.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress