Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 9 de octubre de 2019 | Leída 29 veces

A mesa de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero consensúa a programación nesa materia a desenvolver nos centros de ensino

A reunión celebrouse hoxe no Salón de Plenos do Concello. O alumnado do IES e estudantes de 5º e 6º de primaria do municipio participarán en obradoiros de educación para a igualdade...

[Img #49729]

 

A mesa de traballo sobre coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero nos sectores da sanidade e do ensino reuniuse no Salón de Plenos do Concello da Laracha nunha xuntanza copresidida pola concelleira de Muller, Rocío López, e a directora do Centro de Información ás Mulleres da Laracha, Ana Aldao, e na que estiveron presentes o comandante do posto da Garda Civil da Laracha, a médico-coordinador e a pediatra do centro de saúde, o director do CEIP de Caión e as directoras e orientadoras dos colexios da Laracha (CEIP Otero Pedrayo) e Paiosaco (CEIP Alfredo Brañas) e do IES Agra de Leborís.

 

O asunto principal da reunión foi consensuar os diferentes programas de prevención que sobre esta materia se desenvolverán durante o curso escolar 2019-2020 nos centros de ensino baixo a coordinación do CIM.

 

Así, tanto no IES Agra de Leborís (a totalidade do alumnado) como nos CEIPs da Laracha, Paiosaco e Caión (estudantes de 5º e 6º de primaria) participará en obradoiros sobre educación para a igualdade centrados especificamente en temáticas afectivo sexuais adaptadas a cada grupo de idade.

 

Ademais, tratáronse tamén os contidos da programación municipal que se levará a cabo no próximo mes en torno ao Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, que se conmemora o 25 de novembro.

 

Por outra banda, na xuntanza reforzáronse os mecanismos de coordinación entre os profesionais representados nesta mesa no caso de detectarse situacións relacionadas coa violencia de xénero, concluíndo que a os mesmos están a funcionar correctamente grazas a implicación de todos os membros.

 

A Mesa de traballo sobre coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero nos sectores da sanidade e do ensino reúnese con carácter trimestral e a próxima xuntanza quedou fixada para o vindeiro día 16 de xaneiro.

 

Para o martes da próxima semana (15 de outubro) está fixada a reunión da mesa de coordinación policial.

 

Unha vez máis, desde o Concello da Laracha queremos mostrar o noso pleno agradecemento a todos os sectores profesionais representados nestas mesas pola súa total disposición para traballar xuntos na loita contra a violencia de xénero, labor no que o noso municipio é un referente en Galicia polas iniciativas que se levan a cabo ao longo de todo o ano.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress