Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 9 de octubre de 2019 | Leída 45 veces
DIPUTACIÓN DA CORUÑA

Europe Direct A Coruña celebra en outubro a Semana Europea da Programación e da Ciberseguridade

Europe Direct A Coruña, centro oficial de información da Comisión Europea pertencente á Deputación da Coruña, organiza durante os meses de outubro e novembro a acción “Eu♥Ciberseguridade”, no marco da Semana Europea da Programación #CodeWeek, unha iniciativa impulsada pola Comisión Europea dentro do Plan de Acción de Educación Dixital e da estratexia para construír un mercado único dixital…

[Img #49726]

Coas novas tecnoloxías, entre elas as TIC, apareceron innumerables perigos que poden afectar tanto a nenos e mozos, como aos adultos. Por este motivo Europe Direct  A Coruña únese á campaña #CodeWeek e organiza unha serie de obradoiros e charlas de sensibilización sobre o uso seguro e responsable das TIC.

 

Os obradoiros están dirixidos a un público mozo, con idades comprendidas entre os 9 e os 14 anos, e terán dúas edicións.

 

A primeira edición celebrarase os venres 18 e 25 de outubro en horario de 17:30 a 19:30 h. A segunda edición realizarase os venres 8 e 15 de novembro, no mesmo horario.

 

A través desta actividade os mozos aprenderán a identificar contidos falsos e bulos, coñecerán os ciberataques e estafas online máis empregados na actualidade e saberán xestionar correctamente a privacidade e a súa reputación online.

 

Pola súa banda, as charlas para adultos, diríxense a pais, nais ou outros familiares de persoas mozas, educadores e técnicos de información xuvenil, co obxectivo de que poidan acompañar aos menores no seu contacto diario coas tecnoloxías TIC. Así, coñecerán ferramentas para o seguimento da actividade dos menores, métodos de defensa fronte a virus e fraudes, ou como reaccionar tras un ataque á seguridade. A primeira celebrarase o 25 de outubro de 2019, en horario de 17:30 a 19:30 h, e a segunda será o 15 de novembro de 2019.

 

As actividades impartiranse na Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña (Rúa Rego de Auga 37, A Coruña).

 

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress