Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 9 de octubre de 2019 | Leída 42 veces
DIPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación apoia con 337.700 euros a celeberación de doce grandes eventos deportivos na provincia

O Pantín Classic, o campionato de España de Surf, os rallyes de Ferrol e Terra da Auga (Arzúa), o Torneo internacional Sub-20 de baloncesto feminino, o Grand Trail Costa da Morte ou a Volta Ciclista á Provincia da Coruña, entre os eventos que apoia a Deputación…

A Deputación da Coruña vén de aprobar a concesión provisional de 12 axudas económicas a outros tantos clubes, asociacións e sociedades deportivas da provincia para levar a cabo distintos eventos deportivos de singular interese nos concellos da provincia durante o ano 2019.

 

As achegas provinciais, incluidas nunha das múltiples liñas de subvencións ao deporte que impulsa cada ano a Deputación, publícanse no BOP de hoxe e supoñen investimentos por un importe global de 337.701,66 euros, que teñen como obxectivo “apoiar a celebración de grandes eventos deportivos, que  reúnen a deportistas de gran nivel e que, ademáis de fomentar o deporte, contribúen a proxectar a imaxe da nosa provincia a nivel nacional e internacional ”, segundo destacou o deputada responsable da área de Deportes da institución provincial, Cristina Capelán.

 

Capelán detallou que entre as axudas concedidas na convocatoria inlcúense probas deportivas de renome coma o Pantín Classic (proba internacional da Wold Surf League) e o campionato de España de Surf, os Rallyes de Ferrol e Terra da Auga (Arzúa), a Volta Ciclista á Provincia da Coruña ou o Torneo Internacional Sub-20 de baloncesto feminino, ata outras de ámbito máis local, pero que contan cun importante nivel de participación.

 

Fútbol, baloncesto, surf, ciclismo e rallyes son algunhas das actividades deportivas que a Deputación financia a través desta convocatoria, na que tamén se promocionan eventos deportivos de carácter máis minoritario.

 

As axudas concedidas destinanse ás seguintes actividades: Rally Terra da Auga- Campionato de España de Rallyes (21.070, 08 euros), II Grand Trail Costa da Morte (50.000 euros), Campionato de España de parellas de pitch and putt (10.000 euros), XXVIII Salón do Cabalo Equiocio- Ferrol (40.000 euros), Open Internacional Xtreme Pantín 2019 (25.000 €), Pantín Classic Galicia Surf Pro- Campionato do Mundo da WSL (66.631,58  €), Torneo Internacional Sub20 de baloncesto feminino- Club Universitario de Ferrol (10.000 €), 50 Rallye de Ferrol (30.000 €), Campionato de España de Surf 2019 (30.000 €), 18 Volta Ciclista á Provincia da Coruña (10.000 €), Liga Promises Feminina 2019 – Federación Galega de Fútbol (25.000 €) e Samurai Xtreme Race Lago das Pontes 2019 (20.000 €).

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress