Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 9 de octubre de 2019 | Leída 28 veces
ARTEIXO

O vinte aniversario da Feira Histórica estará adicado a danza

A cita celebrarase o 18, 19 e 20 de outubro e ofrecerá un gran número de actividades e actuacións…

[Img #49721]

O concello de Arteixo adicará a danza en todas as súas manifestacións a nova edición da Feira Histórica 1900, que nesta edición cumpre vinte anos. Así a Feira Histórica fará un percorrido por todo tipo de danzas e bailes, desde os tradicionais galegos representandos por agrupacións como Xiradela, espectáculos infantiles como “A danza dos páxaros” do grupo Paporrubio, ou  o espectáculo con ilusións ópticas “Danzando coa lúa” de Yolanda Paz. Á parte dos espectáculos variados, tamén ha berá obradoiros de danza e baile, como o de tango que ofrecerá o grupo Tropicalia ou o tradicional como o que impartirán os membros de Xiradela. Tamén haberá lugar para danzas máis exóticas como as que ofrece o grupo de danza Ia Ora Tahiti Galicia, que ofrecerá o espectáculo “Unha ollada á Polinesia de Gaugin”.

 

Nos textos que acompañan a programación no tríptico editado polo concello recordanse tamén como o longo da historia foron cambiando as costumes dos veciños en canto as reunións que se utilizaban para a festa e o baile, que antigamente se facía nas eiras que pasaron a ser sustituidos polos salóns de baile.

 

Na Feira Histórica tamén haberá moita música, tanto de pasarrúas con grupos tradicionais ou bandas que defenden os postulados do blues rock como The Narts, Jimmy Barnatan & the Cocooners ou Andhrea & the Black Cats.

 

A programación, tres días repletos de actividade, contempla citas xa tradicionais como as carreiras de carrilanas, a cea histórica ou a taberna de Picadillo. Ademáis as rúas énchense, durante tres días, de actuacións, música, "performances" e teatro coa danza como eixe central.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress