Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Domingo, 6 de octubre de 2019 | Leída 13 veces
A LARACHA

O Concello programa un Outono Xuvenil con propostas lúdicas para mozos de entre 12 e 30 anos de idade

Inclúe saídas ás instalacións de Coruña Láser Combat, Coruña Virtual Games e o Urban Planet de Oleiros. As prazas son limitadas e outorgaranse por orde de inscrición...

O Concello da Laracha organiza un novidoso programa con propostas lúdicas dirixido a mozos de entre 12 e 30 anos de idade. Outono Xuvenil inclúe tres saídas a instalacións de referencia para a realización de actividades recreativas dirixidas á mocidade.

 

O sábado 26 de outubro (11:00 a 13:30 horas) acudirase ao centro de simulación táctica Coruña Láser Combat, que conta cun amplo campo cuberto onde os participantes pasarán dúas horas xogando en equipos e ecreando estratexias con armamento láser. O custe da inscrición é de 20 euros.

 

O sábado 16 de novembro (10:30 a 13:30 horas) visitaranse as instalacións de Coruña Virtual Games, un lugar de referencia en Galicia no emprego para uso recreativo das tecnoloxías de realidade virtual de última xeración. O custe é de 15 euros e neste caso requírese ter, canda menos, trece anos de idade.

 

Por último, o venres 27 de decembro en horario de tarde (16:00 a 18:30 horas) proponse unha xornada no Urban Planet de Oleiros, onde os asistentes poderán gozar do trampolín park máis grande de España para practicar saltos e piruetas. O custe da inscrición é de 14 euros.

 

En todos os casos o Concello da Laracha asume os gastos do transporte e dos monitores que acompañarán aos participantes durante as tres xornadas.

 

As prazas son limitadas e outorgaranse por estrita orde de inscrición. O prazo ábrese o luns.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress