Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 5 de octubre de 2019 | Leída 23 veces

O Sergas presenta os plans de continxencia da gripe

Recollen as actuacións necesarias en todas as áreas sanitarias para atender o aumento de consultas e ingresos hospitalarios por mor desta enfermidade. A campaña de vacinación, que comeza o vindeiro día 14 é a principal medida para evitar a gripe...

[Img #49686]

 

O Servizo Galego de Saúde presentou onte os Plans de Continxencia da gripe nas distintas áreas sanitarias. Estes plans recollen as medidas previstas para atender o incremento da demanda asistencial ou aumento da necesidade de ingreso hospitalario con motivo da actividade gripal.

 

O obxectivo dos Plans de Continxencia é establecer a coordinación entre os distintos servizos e recursos de atención primaria e hospitalaria, así como con Urxencias Sanitarias de Galicia-061, para optimizar a atención á gripe e ás súas posibles complicacións. Así, cómpre destacar a importancia que dan os Plans a necesidade de priorizar o control e seguimento dos pacientes diana, é dicir os de maior complexidade e maior risco como os pluripatolóxicos e os pacientes fráxiles, tanto en atención primaria como nos servizos hospitalarios de neumoloxía e medicina interna.

 

Os Plans recollen ademais medidas para evitar as consecuencias máis graves da gripe, para a atención dos picos de demanda nos distintos centros asistenciais e para os protocolos a seguir tanto en atención primaria como en hospitalaria. Tamén recollen a información necesaria para os profesionais dos Puntos de Atención Continuada (PAC) e do 061 para mellorar as derivacións a urxencias hospitalarias. Así mesmo, os Plans de Continxencia inciden na mellora da dispoñibilidade de dispositivos ambulatorios, o tratamento das persoas que así o necesiten a través do hospital de día e con consultas de diagnóstico rápido en medicina interna.

 

Está previsto que os recursos humanos e asistenciais dos distintos servizos se adapten as necesidades, para axilizar a atención cando o aumento de pacientes así o requira, e en función das previsións.


Campaña de vacinación da gripe 2019

A campaña de vacinación da gripe 2019 comenzará o 14 de outubro e rematará o 27 de decembro. De feito, Galicia será a primeira autonomía en administrar nesta campaña, e tamén por primeira vez, unha vacina tetracelular a persoas de 15 a 64 anos, con factores de risco. Sanidade cumpre así cun dos obxectivos marcados no Plan Galego de


Atención Primaria 2019-2021, aprobado en maio pasado. En total, Sanidade adquiriu 615.000 doses de vacinas antigripais (7.000 máis que en 2018), e destinou un orzamento de 3.466.632 €, 1.283.412 € máis que no ano 2018, o que supón un incremento de preto do 59%.

 

Entre as novidades salientables da campaña 2019, en canto á poboación diana, é a inclusión como grupo de risco aos nenos de entres 6 meses de idade que naceran prematuros (con menos de 32 semanas de xestación) e a incorporación explícita das persoas con trastornos da coagulación.

 

Como en anos anteriores, Sanidade terá activa unha web temática da gripe como principal portal de información para a sociedade e os profesionais, na que se actualizada toda a información técnica e os datos de evolución da campaña.

 

A Consellería de Sanidade lembra que a vacina da gripe e a principal medida para evitar esta enfermidade.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress