Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 5 de octubre de 2019 | Leída 19 veces
A LARACHA

Os Seráns de Baile regresan este sábado trala pausa do verán

Actividade gratuíta dirixida aos veciños maiores, xubilados e pensionistas. O horario é de 18:00 a 21:00 horas...

Os Seráns de Baile regresarán este sábado ás instalacións do centro sociocultural de Paiosaco no seu horario habitual, de 18:00 a 21:00 horas, trala pausa do verán.

 

Deste xeito o Concello da Laracha recupera as tradicionais tardes de música, baile e ocio para as persoas maiores, ás que están convidadas a asistir dun xeito totalmente gratuíto todos os veciños xubilados e pensionistas residentes no Concello.

 

Aproveitando a dispoñibilidade de instalacións céntricas e funcionais tanto na Laracha como en Paiosaco, altérnase semanalmente o lugar de celebración desta actividade. Así, o primeiro e o terceiro sábado de cada mes –coincidindo coa véspera da feira quincenal de Paiosaco- o lugar de celebración será o salón de actos do centro sociocultural de Paiosaco. O segundo, cuarto e, no caso de habelo, quinto sábado do mes, desenvolverase no baixo da biblioteca municipal da Laracha.

 

O Concello da Laracha renova un ano máis o seu compromiso co colectivo da terceira idade, ofrecéndolles esta alternativa de ocio por medio da que se lles posibilita optimizar o tempo libre e favorecer as relacións sociais entre persoas dese grupo de idade.

 

Os Seráns de Baile lévanse a cabo en instalacións amplas, cómodas, funcionais, ben situadas e con dispoñibilidade de aparcamento gratuíto de vehículos nas súas inmediacións.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress