Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 4 de octubre de 2019 | Leída 61 veces

A Xunta avanza cara a Galicia Verde coa aprobación da Estratexia de Cambio Climático e Enerxía 2050

Feijóo avoga porque a transición ecolóxica “sexa unha transición e non unha improvisación”. A folla de ruta aprobada no Consello desenvolverase con Plans Integrados plurianuais, o primeiro dos cales xa está redactado e inclúe 170 medidas cun investimento asociado de máis de 1.250 M€ para o período 2019-2023...

[Img #49679]

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, incidiu en que “queremos que Galicia sexa aínda máis verde” e para acometer ese desafío o Consello da Xunta aprobou onte a Estratexia de Cambio Climático e Enerxía 2050, unha ambiciosa folla de ruta que converte a Comunidade na cuarta rexión española en aprobar unha guía de actuación neste eido.

 

O presidente da Xunta destacou a importancia de cumprir o obxectivo de forma gradual e xusta. E avogou porque a transición ecolóxica “sexa unha transición e non unha improvisación e que sexa xusta e non inxusta”. “Todo o que hoxe propoñemos está medido desde o punto de vista das consecuencias sociais, económicas, laborais e medioambientais”, concluíu Feijóo.

 

E nese camiño para traballar de xeito planificado e serio contra o quecemento global, a Estratexia de Cambio Climático e Enerxía 2050 aprobada hoxe terá como eixes imprescindibles tanto o sector primario como o medio natural. Para o seu desenvolvemento e posta en práctica, redactaranse Plans Rexionais Integrados de Enerxía e Clima. O primeiro deles, aprobado en paralelo á Estratexia, identifica un total de 170 medidas cun investimento asociado de máis de 1.250 millóns de euros.

 

Os numerosos retos a abordar en relación a esta problemática estrutúranse en catro obxectivos: mitigación das emisións de gases de efecto invernadoiro, adaptación aos seus impactos, investigación e innovación, e dimensión social.

 

Máis polo miúdo, o presidente da Xunta detallou algunhas das medidas concretas para atender eses catro obxectivos: axudas dirixidas ao sector residencial para mellorar a eficiencia enerxética; mellora dos plans de prevención e actuación ante eventos extremos para reducir a vulnerabilidade da poboación ante eles; plans de adaptación ao cambio climático dos terremos marítimo-terrestres de competencia autonómica; desenvolvemento da estratexia térmica dentro da aposta polas renovables ou o fomento do uso de equipamento en réxime asociativo no sector primario. Ademais, a Xunta dará exemplo coa renovación progresiva da frota de vehículos.

 

Durante a súa intervención na rolda de prensa posterior ao Consello, a titular de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, presentou a Estratexia Galega de Cambio Climático 2050 como “a resposta en clave galega a unha necesidade global”. Nesta liña, subliñou o traballo previo que permitiu redactar un documento completo, transversal e consensuado grazas a un amplo proceso participativo no que estiveron representadas distintas administracións, as tres universidades, entidades económicas e sociais, empresas, organizacións ecoloxistas e centros tecnolóxicos e de investigación, entre outros.

 

Con esta Estratexia e co primeiro Plan Rexional Integrado que permitirá empezar a poñela en práctica, a conselleira de Medio Ambiente explicou que se persegue un dobre obxectivo: facer de Galicia un “referente” do cambio cara a un modelo económico baixo en emisións, e acadar canto antes a chamada “neutralidade climática” na comunidade.

 

“Hoxe Galicia dá un paso crucial e decisivo en materia de cambio climático e transición enerxética”, resumiu Ángeles Vázquez, quen tamén subliñou a posición de vangarda que asume a comunidade ao aprobar a súa propia folla de ruta para cumprir os obxectivos e os ditados da Unión Europea fronte ao quecemento global.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress