Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 4 de octubre de 2019 | Leída 49 veces

Feijóo confirma un teito de gasto para 2020 de 10.160 millóns de euros, 311 millóns máis que este ano

Aseverou que o Executivo autonómico decidiu “apostar pola opción máis difícil”: aprobar un proxecto de orzamentos para 2020, “para protexer a Galicia da inestabilidade”. A estimación é que o PIB galego crecerá un 2% este 2019, en liña co PIB español, e para 2020 agárdase un crecemento do 1,9%. Salienta que Galicia seguirá mantendo un diferencial positivo co conxunto de España, cunha estimación da taxa de paro do 11,4% para este 2019 e na contorna do 10% para 2020...

[Img #49678]

 

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, confirmou onte, na rolda de prensa do Consello, un teito de gasto para 2020 de 10.160 millóns de euros, 311 millóns máis que este ano. Isto supón un incremento do 3,1% en comparación co Orzamento do presente exercicio.

 

Despois de que o Goberno central manteña a débeda de 700 millóns de euros e de que non se facilitase nin un dato dos ingresos do vindeiro ano, xa que o Consello de Política Fiscal e Financeira leva 14 meses bloqueado, Feijóo aseverou que o Executivo autonómico decidiu “apostar pola opción máis difícil”: aprobar un proxecto de orzamentos para 2020, “para protexer a Galicia da inestabilidade, a pesar de todas as zancadillas e todas as dificultades”.

 

“Galicia terá novos orzamentos en 2020 porque nos comprometemos cos galegos e asumimos este compromiso hai unha semana no Debate do Estado da Autonomía”, valorou.

 

Sobre as novas previsións macroeconómicas, Feijóo aseverou que o máis destacable é que a Comunidade optou por un cadro prudente e realista, tendo en conta a desaceleración da economía europea a española, e a inestabilidade política que está sufrindo o conxunto do Estado desde hai varios trimestres.

 

“Así, estimamos que PIB galego crecerá un 2% para este ano 2019, en liña co PIB español. E para 2020 agardamos un crecemento do PIB do 1,9%, é dicir, que Galicia seguirá crecendo en liña coa economía española, e por riba da Eurozona e das principais potencias de Europa”, precisou.

 

Sobre este punto, subliñou que Galicia seguirá mantendo un diferencial positivo co conxunto de España, cunha estimación da taxa de paro do 11,4% para este 2019 e na contorna do 10% para 2020.

 

Con este novo cadro macroeconómico, Feijóo avanzou que a Xunta cumprirá os obxectivos tan ambiciosos marcados no Plan Estratéxico de Galicia 2015-2020. “Fixamos un crecemento medio do PIB galego do 2,5% e está cumpríndose, ao igual que o obxectivo de rematar o período na contorna do 10% de paro”, asegurou.

 

O presidente do Executivo autonómico cualificou o teito de gasto de “realista, sólido e prudente”, facendo fincapé en que é a primeira vez que este Goberno presenta un teito de gasto que supera a barreira dos 10.000 millóns.

 

Ademais de precisar que o límite de gasto enviarase ao Parlamento para a súa aprobación no vindeiro pleno, Feijóo concluíu aseverando que a Xunta está cumprindo, achegando “certezas e estabilidade ás incertezas e inestabilidade de España”. “E facémolo cun teito de gasto prudente e realista, porque en 2020 seguiremos tendo un Goberno que funciona, que aproba e executa os Presupostos, e que por sétimo ano consecutivo ofrece a seguridade de que a economía de Galicia seguirá crecendo”, abundou.

 

Pola súa banda, o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, destacou que coa decisión de ter orzamentos en Galicia para 2020, a Xunta achega “normalidade, estabilidade e confianza”. “O noso compromiso cos galegos é facer uso desta estabilidade para que Galicia non se contaxie das incertezas da política estatal”, concluíu o conselleiro.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress