Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 4 de octubre de 2019 | Leída 35 veces
A LARACHA

20 Alumnos de 6º de primaria do CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco viaxarán a Murcia e Andalucía Oriental no marco do programa “rutas científicas, artísticas y literarias”

O CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco será un dos 32 centros educativos de toda España que participará no programa “Rutas científicas, artísticas y literarias” que impulsa o Ministerio de Educación e Formación Profesional...

A actividade consiste nunha excursión a Murcia e Andalucía oriental na que participarán 20 alumnos e alumnas de 6º de educación primaria do centro. O obxectivo é reforzar os coñecementos recibidos nas aulas polos nenos e nenas, mellorando a súa formación artística,literaria, científica, cultural, histórica e medioambiental en entornas máis experimentais e visuais.

 

Este sábado ás 9:30 horas partirá o autobús cos rapaces e rapazas –xunto aos dous mestres que os acompañarán- desde o propio CEIP Alfredo Brañas. O primeiro punto de destino será Cartagena, onde será a acollida e o inicio das dinámicas de grupo xunto ao alumnado dos colexios participantes de toda España.

 

O programa de eventos e actividades –detallado no documento que se achega xunto a esta nota-inclúe visitas a Murcia, provincia de Almería (Cabo de Gata e El Ejido), Granada, Guadix e Málaga. A viaxe de volta emprenderase o sábado día 12 pola mañá.

 

Na comunidade educativa do CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco mostrámonos orgullosos de ser un dos centros de toda España escollidos para participar neste programa, que consideramos de moito interese para o alumnado, xa que favorecerá o desenvolvemento integral dos e das participantes, permitíndolles coñecer outras localidades do sur do territorio nacional e establecer contactos con nenos e nenas do seu mesmo grupo de idade e de centros de ensino de toda España.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress