Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Domingo, 15 de septiembre de 2019 | Leída 19 veces

Adxudicados catro proxectos de mellora da rede viaria en cinco parroquias do municipio

Na última sesión da Xunta de Goberno Local. Afectan a un total de trece núcleos rurais e están valorados en 289.000 euros...

Na última sesión da Xunta de Goberno Local acordouse adxudicar a execución de catro proxectos de mellora da rede viaria municipal que afectan a un total de trece núcleos rurais situados en cinco parroquias diferentes.

 

Ao proxecto da parroquia de Vilaño licitaron trece empresas e foi adxudicado a Excavacaciones y Obras Candal. Inclúe catro actuacións diferenciadas nas estradas Vista Alegre-A Barreira, A Barreira-A Ribela, A Areosa-Amboade e o camiño da Areosa que dá acceso ao lavadoiro. En total intervirase nunha distancia lineal duns 2,5 quilómetros.

 

Na parroquia de Cabovilaño a actuación consiste na mellora de dúas estradas que suman unha lonxitude conxunta de 1,3 quilómetros. Unha delas comunica os núcleos de A Braña, A Cacharra e A Teixoeira e a outra sitúase no lugar de Os Mouriños. Neste caso a adxudicataria foi Canarga S.L. ao ter presentado a mellor entre as 13 ofertas.

 

Os outros dous proxectos serán executados por Construcciones Ponciano Nieto S.L. Un deles consiste na mellora de catro camiños situados nas inmediacións do núcleo de Estramil, na parroquia de Torás (16 ofertas presentadas). O outro (9 licitadores) inclúe unha intervención na parroquia de Lendo (estrada A Xesteira-A Torre), outra en Cabovilaño (lugar de A Teixoeira) e outra en Coiro (núcleo de Os Muíños de Arriba). Entre estas tres actuacións serán mellorados 1,6 quilómetros de rede viaria.

 

Os catro proxectos están valorados conxuntamente en 289.000 euros. Trala adxudicación por parte da Xunta de Goberno Local, nos próximos días formalizaranse os contratos como trámite previo ao inicio das obras.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress