Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Domingo, 15 de septiembre de 2019 | Leída 16 veces

AFABER informará sobre o Alzheimer no centro médico da Laracha o próximo martes

Será un dos actos do programa en torno ao Día Mundial do Alzheimer que se conmemora o 21 de setembro. A mesa informativa atenderá de 10:30 a 12:30 horas...

O sábado da próxima semana (21 de setembro) será o Día Mundial do Alzheimer. En torno a esa data, a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Bergantiños (AFABER) desenvolverá unha serie de iniciativas de concienciación e sensibilización sobre a enfermidade, realizándose unha delas no Concello da Laracha.

 

O martes (17 de setembro) en horario de 10:30 a 12:30 unha mesa informativa de AFABER estará situada na recepción do centro médico da Laracha. O persoal de entidade repartirá trípticos e atenderá consultas e dúbidas da poboación larachesa sobre o alzheimer e outras demencias.

 

Ao longo dos últimos anos, e sempre coa colaboración de AFABER, no Concello da Laracha leváronse a cabo iniciativas dirixidas tanto a enfermos de alzheimer como aos seus coidadores, que na maioría dos casos son os seus propios familiares.

 

A Laracha temén conta co certificado de “Concello declarado solidario con alzheimer” outorgado pola propia entidade bergantiñana.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress