Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 14 de septiembre de 2019 | Leída 12 veces

A Deputación da Coruña apoia que R e as súas empresas auxiliares sigan prestando servizo desde Galicia

O pleno comprométese tamén a colaborar na #EmerxenciaFeminista do 20 de setembro…

O pleno da Deputación aprobou unha moción presentada polo BNG e o PSOE no que se mostra o apoio ás reivindicacións das traballadoras e traballadores das empresas auxiliares que prestan servizos de operación e mantemento de rede e atención ao cliente de R Cable, para que os servizos continúen a ser prestados desde o territorio galego, garantindo tamén que a atención ao cliente se faga na nosa lingua.

 

O pleno aprobou tamén outra declaración institucional encamiñada a apoiar a #EmerxenciaFeminista do 20 de setembro.

 

A Deputación da Coruña dirixirase, como consta no texto da moción aprobada, a R Cable e Euskaltel para que inicien un proceso de negociación co persoal de cara a acadar unha solución.

 

A iniciativa está motivada polo recente acordo polo que Euskaltel formaliza a entrega á empresa chinesa ZTE dos servizos de operación e mentemento da rede que até o momento prestaban no territorio galego compañías como Comfica, Colabora, Indra ou Plexus sen a subrogación do persoal ánova adxudicataria nin garantir novas contratacións na nosa terra.

 

Neste proceso, a consecuencia directa é a perda de 18 postos de traballo da empresa Comfica e o anuncio da redución de persoal en Indra cunha perda de emprego que afecta tamén a outros servizos como enxeñería e desenvolvemento ou atención telefónica que Euskaltel está a levar fóra do territorio galego.

 

Apoio institucional á #EmerxenciaFeminista do día 20 de setembro

A Deputación aprobou tamén por unanimidade apoiar a campaña #EmerxenciaFeminista e as accións prevista para o día 20 de setembro promovida polo movemento feminista galego, iluminando nesa xornada da fachada da sede institucional de cor violeta e compromiso dunha acción política activa pola igualdade son os principais contidos da declaración institucional que se aprobou no pleno de hoxe.

 

Na iniciativa, a Deputación comprométese a apoiar a campaña, a iluminar de cor violeta a fachada do edificio institucional como mostra de compromiso na loita contra a violencia machista e tamén a implementar novas medidas e programas que impulsen a igualdade de xénero e loiten contra o feminicidio.

 

O texto aprobado no pleno da Deputación inicia a explicación da emerxencia da mobilización polos acontecementos do que cualifican como "verán negro" o de 2019 co asasinato dunha muller cada dous días ademais doutros feitos que mostran a intensidade da violencia contra as mulleres entre os que se atopan, concursos sexistas, denuncias de agresións en festas e festivais, acosos e agresións en manada... Por todo isto define a situación de "insoportábel" e reclama unha maior implicación institucional.

 

Neste sentido, a moción inclúe tamén a solicitude ao goberno da Xunta do incremento dos recursos económicos destinados a loitar contra a violencia machista nos vindeiros orzamentos e ao Goberno Central a demanda de incremento de contías económicas destinadas á administración local no Pacto de Estado para os vindeiros exercicios orzamentarios. 

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress