Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 12 de septiembre de 2019 | Leída 43 veces

Ethel Vázquez informa dos trámites para que a concesionaria dote a ponte de Rande dunha iluminación ornamental que reforce a súa monumentalidade como símbolo da ría de Vigo

O Goberno galego solicitoulle hai meses á empresa que este fito da enxeñería brille con luz propia e ilumine Vigo e toda a ría e nos últimos días demandou coñecer o documento técnico no que se traballa. A conselleira indica que se trata de acadar a iluminación nos piares da ponte, de máis de 100 metros de altura, nos seus máis de 150 tirantes e os seus taboleiros, voando a 45 metros sobre a ría. Detalla que a Xunta aposta por unha iluminación flexible que poida adaptarse á conmemoración de diferentes efemérides. Lembra que o Executivo autonómico xa ten dotado de iluminación a pontes da súa titularidade en Noia, Ourense ou Pontevedra...

[Img #49508]

 

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto coa delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro, avanzou onte que o Goberno galego iniciou os trámites para que a sociedade concesionaria dote a ponte de Rande dunha iluminación ornamental que reforce a súa monumentalidade como símbolo da ría de Vigo.

 

O Goberno galego solicitoulle hai meses á empresa que este fito da enxeñería brille con luz propia e ilumine Vigo e toda a ría e nos últimos días demandou coñecer o documento técnico no que se traballa. Trátase de que a empresa propietaria da concesión actúe para acadar a iluminación nos piares da ponte, de máis de 100 metros de altura, nos seus máis de 150 tirantes e os seus taboleiros, voando a 45 metros sobre a ría.

 

Ethel Vázquez subliñou que a Xunta non só é a Administración que máis inviste en Vigo, defendendo a mellora do servizo da autoestrada, senón que tamén aposta polo papel representativo desta obra civil viguesa.

 

Salientou que a Xunta xa dotou de iluminación ornamental pontes da súa titularidade en Noia, Pontevedra e Ourense e defendeu para Vigo unha iluminación de tipo “flexibe” que poida adaptase á conmemoración de diferentes efemérides.

 

A conselleira salientou que a ponte de Rande, dende a súa construción, nos anos 70 e 80, tense convertido en moito máis que unha infraestrutura, pois é un símbolo da ría de Vigo. Esta infraestrutura atirantada foi, no momento da súa construción, a ponte máis grande do mundo na súa tipoloxía.

 

O Goberno central deu os pasos necesarios para iniciar as actuacións de ampliación e a Xunta sempre defendeu que o proxecto debía responder ás necesidades reais dos veciños. Así, o Goberno galego insistiu na necesidade de minimizar a afección ao tráfico durante a execución das obras e traballou para mellorar o deseño dos movementos de tráfico para que fose o máis eficiente para tódolos usuarios.

 

A conselleira precisou que na parte viguesa da autoestrada, a Xunta plantexou a necesidade de suavizar o impacto da infraestrutura na súa entrada á cidade converténdoa nun vial máis urbano e integrado que ofreza mellores solucións de mobilidade.

 

Indicou que tamén se acadou o compromiso do Ministerio de Fomento para levantar a peaxe entre Redondela e Vigo, algo no que se segue insistindo ao actual Goberno central, que semella ten menor determinación para iso.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress