Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 11 de septiembre de 2019 | Leída 28 veces

Ethel Vázquez trasládalle a Stop Accidentes o compromiso da Xunta de seguir traballando no impulso de itinerarios escolares seguros e inclusivos

A Xunta segue a traballar na protección de usuarios vulnerables das vías como os peóns e os ciclistas, que son obxecto da distribución de chalecos e cortaventos reflectores para aumentar a súa visibilidade cando transitan pola vía. A Consellería de Infraestruturas impartirá as vindeiras fins de semanas cursos de condución segura de motos, unha iniciativa que se desenvolve dende o 2017...

[Img #49503]

 

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mantivo onte unha reunión coa delegada de Stop Accidentes en Galicia, Jeanne Picard, á que lle trasladou o compromiso da Xunta de seguir traballando no impulso de itinerarios escolares seguros e inclusivos.

 

A Xunta xa puxo en marcha no ano 2017 un programa piloto no CPI José García de Mende, en Ourense, no que participaron 263 alumnos.

 

O proxecto, que partiu dunha iniciativa de Stop Accidentes, consistiu na diagnose do contorno escolar e do seu viario para definir os percorridos dos alumnos dende a súa casa ata a parada do autobús ou os traxectos realizados a pé, por exemplo. A partir deses datos, establecéronse as liñas para conseguir desprazamentos máis seguros.


Ademais os rapaces desta escola recibiron charlas e participaron en actividades para mellorar a súa formación no eido de seguridade viaria.

 

Tal como lle indicou a conselleira á delegada de Stop Accidentes, o Goberno galego daralle continuidade a este proxecto e levarao a outras escolas do ámbito rural co fin de seguir fomentando a seguridade viaria entre os rapaces.

 

Ethel Vázquez subliñou que a seguridade viaria é unha materia prioritaria para o Executivo autonómico, que continúa a desenvolver as medidas contempladas no Plan de seguridade viaria 2016- 2020.

 

No marco deste plan, ademais da citada iniciativa nas escolas do rural, a Xunta está a impulsar a campaña ‘O corazón está do teu lado’, que entre o pasado curso e o presente chegará a 40 colexios para sensibilizar aos rapaces a través de consellos e normas básicas de seguridade viaria.

 

O Goberno galego tamén segue a poñer o foco nos usuarios vulnerables das estradas, os peóns e os ciclistas, para o que continúa coa distribución de chalecos e cortaventos reflectores co fin de aumentar a visibilidade destes colectivos cando transitan pola vía.

 

A Consellería de Infraestruturas tamén impartirá as vindeiras fins de semanas cursos gratuítos de condución segura de motocicletas, unha iniciativa que se vén desenvolvendo dende o ano 2017.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress