Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 11 de septiembre de 2019 | Leída 42 veces
OLEIROS

Ethel Vázquez salienta que o novo treito da Vía Ártabra permitirá un aforro de tempo do 33% entre Oleiros e A Coruña, incrementando a competitividade desta comarca

As obras en marcha consisten na execución de 3 quilómetros de autovía libre de peaxe e 1 quilómetro de conexión co polígono do Espírito Santo, o que supón a maior parte dos traballos necesarios para a prolongación ata a AP-9. A conselleira sinala o investimento de máis de 40 millóns nas obras deste novo tramo desta vía de altas prestacións, cuxos traballos dispoñen dun prazo de execución de 36 meses, e inclúen a conexión coa autoestrada estatal cando o Ministerio de Fomento a autorice...

[Img #49501]

 

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, salientou onte que a execución do novo trato da Vía Ártabra permitirá un aforro de tempo do 33% no percorrido entre Oleiros e A Coruña, supoñendo unha mellora nas comunicacións dos veciños e un incremento da competitividade desta comarca. A conselleira destacou que, tendo en conta as expropiacións, a Xunta investirá 40 millóns de euros nos traballos destinados a prolongar a Vía Ártabra ata a AP-9, o que permitirá sacar o máximo rendemento ao investimento xa realizado de 70 millóns de euros nos treitos que xa están en servizo.

 

A conselleira lembrou que, ante as dificultades para conseguir as autorizacións necesarias por parte do Ministerio de Fomento para conectar coa AP-9, e para non demorar máis esta actuación, a Xunta decidiu avanzar neste primeiro treito, entre a N-VI e a estrada autonómica AC-221.


Trátase da construción do novo treito de 3 quilómetros de autovía libre de peaxe máis un quilómetro de conexión co polígono do Espírito Santo.

 

Vázquez Mourelle comprobou onte a pé de obra os primeiros avances na execución desta infraestrutura estratéxica para a área da Coruña, uns traballos que comezaron hai escasas semanas coa celebración a finais de xullo do levantamento de actas previas á ocupación.

 

Informou de que este tramo supón a maior parte dos traballos a executar ata a autopista estatal, deixando previsto o departamento que dirixe un modificado do contrato, sen necesidade dunha nova licitación, para executar unha 2ª fase e poder conectar coa AP-9, tan pronto como o Ministerio emita o informe favorable para o enlace. E sinalou que suporá unha mellora nas comunicacións e na competitividade de parques empresariais como o de Bergondo, Iñás ou o do Espírito Santo.

 

A conselleira destacou que unha vez que esta estrada de altas prestacións chegue a AP-9, mellorará substancialmente a vertebración da comarca, mellorando a conexión para os veciños de Sada, de Cambre e Oleiros, uns beneficios que se conseguirán a través da maior licitación en materia de estradas da Xunta, pagada con fondos propios e vía orzamentaria en case unha década, tal e como subliñou.

 

Explicou que o proxecto total de conexión coa AP-9 prevé a execución de contará con 2 enlaces, ademais do da autoestrada, 2 viadutos e pasos superiores e inferiores. A execución deste primeiro treito fai necesaria a remodelación do enlace actual coa N-VI, polo que se executará un novo enlace con 3 niveis. No nivel actual, executarase unha glorieta que se conectarán os ramais de saída e entrada, a Vía Ártabra cruzará baixo esa glorieta, e sobre ela cruzará a N-VI. No enlace coa AC-221 e conexión co polígono do Espírito Santo, executarase outra glorieta sobre a que cruzará a nova autovía mediante un viaduto, desde esta glorieta accederase á estrada autonómica e ao polígono a través dunha estrada de nova construción.



Ethel Vázquez expresou o convencemento da Xunta de que a conexión da Vía Ártabra coa AP-9 suporá un antes e un despois para a competitividade, a mobilidade e a seguridade viaria da área da Coruña. Un proxecto, concluíu, previsto no plan sectorial viario da Coruña, e aprobado pola Xunta no 2004, deseñado e avalado polos técnicos, seguindo criterios obxectivos baseados na seguridade e no menor impacto ambiental, como se recolleu no proxecto aprobado en 2009 polo Goberno bipartito da Xunta.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress