Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 11 de septiembre de 2019 | Leída 47 veces
CARBALLO

Festival Xiria Pop

Este venres e sábado volve o XIRIA POP, que cumpre 22 anos consolidado como un dos festivais independentes en pequeno formato referencia en Galicia, pero cuxo eco chega a todo o estado. De feito, este ano está confirmada a presencia de seareiros de Mallorca e de Asturias, entre outros puntos de España...

[Img #49497]

 

Sete bandas referendan a calidade do Xiria Pop ano tras ano, nun cartel encabezado polos Rockfiles do británico Billy Bremner (guitarrista dos míticos Rockpile), os mallorquinos La Granja (na súa segunda visita a Carballo) e Gutara Kyo, o primeiro grupo xaponés en subirse ao escenario da sala Dublín. E todo, como sempre, a prezos de saldo: 10 euros a entrada diaria, 15 euros o abono para as dúas sesións.

 

Completa o programa a presentación dun libro de poemas que ten non pouco de musical, Mudanza, do carballés Xurxo Chapela; o venres, no Casino, ás 20:30 horas.

 

"Este ano iamos traer oito grupos, pero ao final caeu un... por desilusión da xente, penso eu", comentou o fundador e organizador do festival desde a súa primeira edición, Xabier Graña, quen estivo acompañado polo alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, na rolda de prensa de presentación do evento celebrada esta mañá na casa do concello.

 

Abrirán o Xiria Pop 2019, o venres, os vigueses Basanta, unha banda impactante na súa estética, que, explicou Graña, "veñen de recibir o galardón ao mellor disco do estado nos premios PopEye" [premios da Música e a Creación Independente, que se outorga dentro do marco dos Premios Nacionais da Música e as Artes]. "Estamos encantados", engadiu, "porque é publicidade a maiores para o festival. Xa os tiñamos contratados hai meses, cando non eran tan coñecidos; seguramente agora sería moito máis complicado traelos ao Xiria".

 

Logo dos Basanta será a quenda dos Surfin Burritos, de Barcelona, "unha banda de músicos xa veteranos", dixo Graña, "que trouxemos adrede para que tocasen antes do grupo que os relevará no escenario, os británicos Billy Bremner's Rockfiles. Billy Bremner é un un guitarrista, tamén de sesión, que tocou con media Inglaterra e que en Carballo fará un repaso completo dun disco histórico no rock and roll, Seconds of Pleasure, dos Rockpile, combo mítico no que Bremner coincidiu con algunhas da grandes estrelas da guitarra de todas as épocas, como Dave Edmunds e Nick Lowe".

 

Pecharán a noite do venres La Granja. "Poucas presentacións precisan", afirmou o organizador do festival. "Todo o mundo saben quen son La Granja, un grupo mítico español tamén de finais dos 80, principios dos 90, con moito tirón: se cadra non é unha banda da división de honra, pero si da primeira división".

 

Xa o sábado, empezarán tocando os Superser, de Cedeira, "unha banda de músicos novos pero que xa levan tempo pateando escenarios e festivais e que veñen de ter un éxito importante no Festival Noroeste da Coruña", comentou Graña. Seguiranlle La Secta, "un grupo de Bilbao dos anos 90; un grupo fantástico, que no seu momento non tivo moita sona, eran máis de culto, pero que ultimamente están tendo máis repercusión".

 

Pecharán o festival os xaponeses  Gutara Kyo: "Van  dar varios concertos por Europa porque os chamamos do Xiria Pop e, ao final, conseguiron montarlles un xira. Eu creo que van ser unha das sensacións desta edición: se non cae a Dublín desta, xa non cae máis".

 

Graña rematou falando da importancia da colaboración do Concello de Carballo para a supervivencia do Xiria Pop: "Sen a implicación do Concello non habería Xiria Pop. É un festival cun custo moia axustado, moi baratiño, 15.000 euros este ano, pero en calquera caso hai que pagar o son, os hoteis, as ceas, haille que pagar aos grupos; todo suma".

 

Sobre ese mesmo particular, estendeuse Evencio Ferrero: "O Concello de Carballo leva moitos acreditando que sempre apostou pola cultura e pola xente con capacidade creativa, con capacidade para comprometerse, e o Xiria Pop é un claro exemplo dese compromiso".

 

"O Xiria", salientou o alcalde, "sigue acumulando anecdotario, sempre partido desa música e eses carteis especiais que cada ano nos traen grandes sorpresas e moitísima calidade". Xa sobre o traxectoria de máis de dúas décadas xa do festival, afirmou: "Ben está que os proxecto coma este se manteñan no tempo: é moi fácil crear algo que logo non dure; de aí o mérito da lonxevidade do Xiria Pop".

 

Programa na Sala Dublín

Venres (horarios aproximados)

  • Basanta (22:00)
  • The Surfin Burritos (23:00)
  • Billy Bremner's Rockfiles (00:15)
  • La Granja (01:30)

 

Sábado (horarios aproximados)

  • Superser (22:00)
  • La Secta (23:00)
  • Gutara Kyo (00:30)

[Img #49498]

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress