Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 11 de septiembre de 2019 | Leída 13 veces

Trece empresas aspiran á adxudicación dos proxectos de mellora da eficiencia enerxética

A Mesa de Contratación procedeu onte á apertura das plicas coa documentación administrativa e nos próximos días clasificará as ofertas. Co apoio do IDAE, investiranse 1,2 millóns de euros cos obxectivos de reducir as emisións de carbono e adelgazar o gasto enerxético municipal...

O Concello da Laracha avanza no procedemento de contratación dos cinco proxectos de mellora da eficiencia enerxética que se executarán co apoio económico do Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (IDAE).

 

A Mesa de Contratación reuniuse onte para proceder á apertura das plicas coa documentación administrativa das empresas que aspiran a executar as actuacións previstas. En total para os cinco proxectos presentáronse 33 ofertas de 13 sociedades diferentes –varias delas licitaron en máis de un proxecto-. Nos próximos días o mesmo órgano municipal clasificará as ofertas presentadas en base aos criterios previamente estipulados nos pregos que rexen o procedemento e elevarán a proposta á Xunta de Goberno Local para proceder á adxudicación.

 

Os proxectos que se levarán a cabo teñen por finalidade a substitución de luminarias para acadar unha maior eficiencia enerxética e favorecer o paso a unha economía baixa en carbono. Por tanto, pretende o dobre obxectivo de reforzar a aposta municipal pola redución das emisións para combater o cambio climático e adelgazar o gasto enerxético sen minorar a calidade do servizo.

 

Tres deses proxectos realizaranse en espazos exteriores e suporán a substitución da totalidade das luminarias do alumeado público por outras LED de última xeración nos núcleos urbanos da Laracha, Paiosaco e Caión (1.397 unidades), tamén as existentes nos máis de trescentos núcleos rurais do termo municipal (2.493 unidades) e as do entorno do parque empresarial (283 unidades). Por tanto, serán substituídas un total de 4.173 luminarias exteriores.  

 

Os outros dous proxectos consistirán na renovación da iluminación interior en edificios (Casa do Concello, biblioteca municipal da Laracha e servizos múltiples) e en instalacións deportivas de titularidade municipal (complexo deportivo municipal da Laracha e pavillóns do IES Agra de Leborís, Paiosaco e Caión). Os novos equipos ofrecerán maior rendemento, eficiencia e contarán con reactancias electrónicas regulables que permitirán reducir a potencia da iluminación cumprindo cos requirimentos de calidade e confort visual.

 

Os cinco proxectos están valorados nun total próximo aos 1,2 millóns de euros, dos cales o vinte por cento será financiando con fondos municipais. Estímase que o investimento que realizará o Concello estea amortizado nun prazo duns cinco anos.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress