Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 11 de septiembre de 2019 | Leída 75 veces

As brigadas medioambientais municipais acometen a limpeza e acondicionamento do entorno dos ríos Anllóns, Acheiro e Bradoso

En total actuarase en preto de 19 km lineais. O Concello pon así en valor estes espazos fluviais de gran beleza paisaxística e riqueza medioambiental...

[Img #49496]

 

O Concello da Laracha continúa mostrando o seu firme compromiso coa posta en valor dos entornos fluviais como espazos naturais de gran riqueza paisaxística e medioambiental e que son aptos para uso e disfrute dos veciños e visitantes.

 

Todos os anos desde o Concello impúlsanse actuacións nas marxes dos ríos para acondicionalas, controlar o crecemento da biomasa e mantelas en boas condicións de limpeza, centrando os traballos na época do verán polas condicións climatolóxicas máis favorables para o desenvolvemento deste tipo de tarefas. Os labores consisten esencialmente na eliminación da maleza na zona de policía de cinco metros e a ambas marxes dos ríos nos tramos nos que a orografía do terreo así o permite.

 

Nesta ocasión as brigadas medioambientais municipais actuarán nunha distancia lineal de case dezanove quilómetros, sendo 8,7 km no río Anllóns (desde Os Muíños de Coiro ata a confluencia co río Acheiro en Tuixe), 7,5 km no río Acheiro (desde a confluencia co Anllóns ata A Beria en Golmar) e 2,6 km no río Bradoso (desde o cruce de San Fins ata O Xestal). Actualmente os operarios están a traballar por tramos no río Anllóns. O alcalde, José Manuel López Varela, e o concelleiro Jesús Souto reuníronse cunha das cuadrillas no lugar de Os Muíños de Coiro para interesarse polo resultado das actuacións.

 

O patrimonio natural que conforman os ríos laracheses son lugares de gran beleza paisaxística e biodiversidade animal e vexetal que en moitos casos é descoñecida mesmo polas persoas residentes nas proximidades desas zona. Desde o Concello da Laracha animamos aos nosos veciños a descubrir estes entornos que ofrecen os ríos Anllóns, Bradoso, Acheiro e tamén o Vilán e que, tralas actuacións municipais xa desenvolvidas e as que se están levando a cabo nestes momentos, xunto ás realizadas pola Xunta de Galicia recentemente, son de cómodo acceso a pé e permiten a realización de rutas de sendeirismo.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress