Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 11 de septiembre de 2019 | Leída 9 veces
DIPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación financia pequenas accións de mellora medioambiental en 39 concellos da provincia

O BOP publicou onte a concesión das axudas, por importe de 83.565 euros, destinadas a financiar pequenas actividades que contribúan a manter e mellorar o entorno natural e a calidade ambiental da provincia da Coruña. Programas de aproveitamento resineiro, control de especies invasoras ou xestión de residuos, entre as actividades que desenvolverán os municipios coa axuda da Deputación…

A Deputación da Coruña financiará con 83.565 euros accións de mellora medioambiental en 39 concellos da provincia.

 

O Boletín Oficial da Provincia publicou onte a listaxe provisional dos 39 concellos (3 das subvencións son condicionadas), que recibirán axudas de algo máis de 2.000 euros para financiar pequenas accións que, dende o ámbito municipal, contribúan a manter e mellorar o entorno natural e a calidade ambiental da provincia da Coruña.

 

Os concellos beneficiarios das axudas son Miño, Mugardos, A Pobra, Valdoviño, Bergondo, Cee, Cabana de Bergantiños, Trazo, A Baña, Muxía, Santa Comba, Touro, Corcubión, Abegondo, San Sadurniño, Boiro, Brión, Oroso, O Pino, Outes, Oleiros, Lousame, Ribeira, Frades, Neda, Ferrol, Muros, Rois, Pontedeume, Porto do Son, Camariñas, Boimorto, Fisterra, Zas, Rianxo, Cabanas, Melide, Coirós e Cedeira.

 

Entre elas destacan programas de implantación de aproveitamento resineiro en concellos coma A Baña, Cabana de Bergantiños, Coirós, Touro e Santa Comba, control de especies invasoras coma (Bergondo e Fisterra), loita contra a vespa velutina, accións de xestión de residuos e compostaxe ou campañas de sensibilización e educación ambiental.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress