Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 11 de septiembre de 2019 | Leída 16 veces
CAMBRE

A axenda cultural de setembro inclúe sesións de contos, obradoiros, teatro e música para os máis pequenos

A axenda cultural de Cambre de setembro vén cargada de actividades e eventos pensados para os máis cativos da casa...

Durante este mes, os nenos e nenas poderán gozar de sesións de contos, obradoiros, teatro e música. As bibliotecas municipais de Cambre serán o escenario destas actividades, que están cofinanciadas pola Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia a través do programa Ler conta moito.

 

A primeira delas terá lugar na biblioteca Os Templarios. Será o martes 17 de setembro ás 18:30 horas. Ese día, a compañía Migallas Teatro aterrará na instalación municipal con Elas pintan moito, unha sesión de contos baseada na obra de diferentes pintoras e nos elementos que as inspiraron. Está dirixida para nenos e nenas de entre 4 e 12 anos (incluídos).

 

Ao día seguinte, o mércores 18 de setembro ás 17:30 horas, Migallas Teatro levará, á biblioteca central de Cambre, a función Canta connosco!, na que se combinan cancións con accións dramáticas. Está destinada a rapaces de entre 4 e 11 anos (incluídos).

 

O día 19 de setembro, os bebés de entre 0 e 3 anos (incluídos) poderán gozar da actividade Que aniñaliño é?. Esta levarase a cabo na biblioteca municipal Os Templarios ás 18:30 horas.

 

Por último, como broche final á programación infantil, o venres 20 de setembro ás 17:30 horas, terá lugar un obradoiro de cartón na biblioteca Xabier P. Docampo. A actividade dispón de 30 prazas para neno se nenas de 8 anos en adiante.

 

Para participar en calquera das actividades é necesario anotarse previamente. O período de inscrición está aberto desde o pasado 9 de setembro. As persoas interesadas en recibir máis información poden contactar coas bibliotecas nos seguintes teléfonos:

 

  • Biblioteca central de Cambre: 981 675 109
  • Biblioteca Os Templarios: 981 661 458
  • Biblioteca Xabier P. Docampo: 981 665 236
¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress