Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 11 de septiembre de 2019 | Leída 52 veces
DIPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación destina 371.000 euros para apoiar e preto dun centenar clubs e entidades deportivas da provincia na mellora das súas infraestruturas e equipamentos

A deputada de Deportes, Cristina Capelán, destaca a importancia do programa para dotar aos clubes coruñeses dos medios adecuados para a promoción do deporte de base...

[Img #49494]

 

A Deputación da Coruña destina este ano 370.986,98 euros para apoiar a 98 clubs e entidades de distintas disciplinas deportivas da provincia a mellora as súas infraestruturas e equipamentos.

 

O Boletín Oficial da Provincia publicou onte a concesión provisional desta liña de subvencións coas que a área de Deportes da institución provincial financia diversas obras de construción de novas infraestruturas,  mellora das existentes e dotación de equipamentos deportivos a preto dun centenar de clubes da provincia, con axudas que oscilan entre os 1.000 e os 17.500 euros.

 

A deputada responsable da área de Deportes, Cristina Capelán, destacou a importancia do programa “para atender as necesidades dun centenar de entidades deportivas da provincia da Coruña e dotalas dos medios adecuados para desenvolver a súa actividade, fundamental na promoción do deporte de base”, afirmou.

 

Con esta importante liña de subvencións, a Deputación colabora coas entidades en cuestión que van dende a adquisión de material de adestramento e competición até a compra de embarcacións e vehículos, pasando por obras de rehabilitación e reforma de instalacións deportivas.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress