Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 11 de septiembre de 2019 | Leída 22 veces

A FAEPAC asesorará aos xubilados de ENDESA nas Pontes para minimizar o impacto da nova política da empresa

A FAEPAC explicará técnicas para baixar a potencia contratada e consellos de aforro e eficiencia enerxética no fogar...

A Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña (FAEPAC), pertencente á Deputación da Coruña, participará nunha charla organizada por UGT, CCOO, SIE, CIG e APREN con motivo das novas condicións no recibo eléctrico que ENDESA pretende aplicar aos seus xubilados, que deixarían de ter un consumo eléctrico gratuíto. O evento terá o xoves 12 de setembro, ás 11:00 horas no Cine Alovi, en As Pontes.

 

No evento, Xosé Manuel Golpe Acuña, técnico especialista en enerxías renovables da FAEPAC, explicará aos asistentes técnicas para baixar a potencia contratada e consellos de aforro e eficiencia enerxética no fogar. Deste xeito o que se pretende e reducir o impacto das novas condicións para o colectivo de traballadores da eléctrica.

 

No evento os sindicatos organizadores darán conta das últimas propostas que ENDESA fai aos seus xubilados que contan con beneficios no recibo eléctrico.

 

A FAEPAC conta con máis de seis anos de experiencia en asesoramento enerxético a consumidores. Nese tempo conseguiu resolver máis de 800 xestións que permitiron aforrar máis de 100.000 euros.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress