Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 10 de septiembre de 2019 | Leída 15 veces

O Concello realizou actuacións de mellora, mantemento e posta e punto nos colexios de cara ao inicio do curso escolar

O mércores comeza a actividade para preto de 850 alumnos. Nos CEIPs da Laracha e de Caión construíronse ramplas para eliminar barreiras arquitectónicas...

Este mércores comezará o curso escolar 2019-2020 para o alumnado dos CEIPs Otero Pedrayo da Laracha, Alfredo Brañas de Paiosaco e Caión, e tamén o centro de educación infantil de Cumiáns (escola unitaria de Montemaior). En total serán preto de 850 nenos os que iniciarán a actividade neses centros de ensino.

 

Aproveitando as vacacións de verán, o Concello da Laracha, en coordinación coas direccións dos colexios, acometeu durante as últimas semanas unha serie de actuacións de mantemento, reparación e posta a punto para que tanto as instalacións como os equipamentos estean en perfectas condicións para recibir o novo curso escolar e, deste xeito, facilitar o labor tanto do persoal dos centros, os docentes e o alumnado.

 

En todos os centros leváronse a cabo limpezas integrais das instalacións e reparacións e melloras eléctricas e de fontanería que foron requiridas por cada centro. Tamén se realizou o repintado de paredes nas estancias que así o requirían, así como dos equipamentos interiores e exteriores (estanterías, pasamáns, etc.). Estes traballos de mantemento acometéronse tanto nos aularios como nos espazos complementarios (comedor, zonas deportivas, patios, parques infantís, etc.).

 

Ademais, cabe salientar as actuacións dirixidas á eliminación das barreiras arquitectónicas executadas en dous centros coa construción de dúas ramplas: a do colexio de Caión facilita o acceso pola entrada principal e a do Otero Pedrayo comunica o novo edificio de infantil co comedor.

 

Durante todo o ano o Concello da Laracha mantén unha comunicación fluída cos equipos directivos dos centros de ensino, o que permite ao grupo de goberno coñecer de primeira man as necesidades que neles se presentan, realizándose a maioría das actuacións durante o verán aproveitando o cese da actividade nestas datas e, deste xeito, evitando molestias ás comunidades educativas.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress