Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 10 de septiembre de 2019 | Leída 42 veces
DIPUTACIÓN DA CORUÑA

O prazo para participar no Quero Cantar permanecerá aberto até o 15 de outubro

As músicas e letras das cancións presentadas nas categorías infantil e xuvenil terán que ser inéditas e orixinais...

[Img #49492]

Bandas e solistas, infantís e xuvenís, poderán enviar as súas maquetas para participar no concurso "Quero cantar" até o vindeiro  15 de outubro ás 14:00 horas. O certame musical convocado pola Área de Cultura da Deputación da Coruña chega a súa cuarta edición como unha iniciativa musical consolidada.

 

O requisito básico para participar na nova edición do ""Quero Cantar" é que a música e a letra sexan orixinais e inéditas, e que as persoas integrantes dos grupos se ateñan ao límite de 12 anos para a categoría infantil e de 13 a 16 anos para a xuvenil. Na categoría infantil admítese a colaboración dunha persoa que exceda o límite de idade.

 

Os premios consisten en cantidades de 1500, 1000 e 500 euros en material musical para os tres primeiros clasificados en cada categoría. A cancións gañadoras en ambas as categorías gravarán tamén cadanseu videoclip.

 

Ademais, as cinco primeiras de cada categoría poderán gravar o tema en estudio e esa gravación incluirase nun CD que se lles entrega aos propios grupos e que se distribúe de xeito gratuíto a centros educativos de toda Galicia.

 

Coma nas edicións anteriores, o certame consta de dúas fases. Na primeira,  un xurado formado por músicos e músicas profesionais determinará que cancións se inclúen no disco e  que cancións deberán ser interpretadas en directo na gala final. Este evento ha ter lugar en outono no teatro Colón da Coruña. Durante a gala, un novo xurado, composto esta vez por rapaces e rapazas de idades similares ás establecidas para as categorías será o encargado de valorar as interpretacións e determinar así a posición final das candidatas.

 

O responsable da Área de Cultura da Deputación da Coruña, Xurxo Couto, fai un chamamento ao profesorado e ás familias a que animen e colaboren coa rapazada para a presentación das súas cancións porque “vai ser unha experiencia emocionante e enormemente enriquecedora, sen preocuparse por gañar ou non gañar, o verdadeiramente importante é ese empurrón para desenvolver a propia creatividade dos nenos e da mocidade”.

 

Sobre os froitos das anteriores convocatorias, o responsábel da Deputación  manifestou que “están aí os discos previos, están na rede as cancións e as maquetas das edicións anteriores e estamos certas de que isto vai ir cada vez a máis. É enorme o talento por desenvolver da xente nova deste país, e estar aí para axudala é unha gran satisfacción”.

 

As persoas interesadas poden ampliar información consultando as bases na páxina web www.querocantar.gal ou contactando coa organización do certame a través das súas redes sociais. Entre as innovacións nas bases desta cuarta edición salienta o feito de que o único xeito admitido para o envío de propostas é o telemático.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress