Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 10 de septiembre de 2019 | Leída 9 veces
DIPUTACIÓN DA CORUÑA

Valentín González Formoso e Inés Rey auguran “catro anos de estreita colaboración” entre a Deputación e o Concello da Coruña

O presidente provincial e a alcaldesa da Coruña mantiveron a súa primeira reunión de traballo, na que manifestaron a vontade da “continuar e afondar” na liña de cooperación entre ambas institucións. “Onte prantamos a semente de catro anos de colaboración en todos os aspectos e en dous sentidos: da provincia coa cidade da Coruña e da cidade co resto da provincia, algo que non sempre foi así”, apuntou Valentín González Formoso…

[Img #49490]

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e a alcaldesa da Coruña, Inés Rey García, mantiveron onte pola maña, na sede da institución provincial, a súa primeira reunión oficial tras as eleccións municipais do pasado mes de maio.

 

Ao remate do encontro, ambos mandatarios explicitaron a súa vontade de “continuar e afondar nunhas relación de dúas institucións moi vencelladas e que diariamente comparten espazos de traballo”, afirmou o presidente da Deputación da Coruña.

 

“A capital é referencia como tal, pero tamén en moitas materias que teñen que ver co resto da provincia. Hoxe prantamos a semente de catro anos de colaboración en todos os aspectos e en dous sentidos: da provincia coa cidade da Coruña e da cidade co resto da provincia, algo que non sempre foi así”, apuntou Valentín González Formoso.

 

Neste mesmo aspecto incidiu a alcaldesa Inés Rey, que mostrou a disposición do seu goberno a “seguir a senda da cooperación institucional” e apuntou que “o Concello da Coruña non só ten que colaborar coa Deputación, senón co resto dos concellos da provincia. Abrirnos a esa tan necesaria cooperación entre institucións para sacar adiante as políticas que transformen e melloren a vida dos cidadáns”, sostivo.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress