Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Lunes, 9 de septiembre de 2019 | Leída 17 veces
Alternativa dos Veciños de Arteixo

O Grupo Municipal de Alternativa dos Veciños de Arteixo presentará dúas mocións ao pleno que se celebra o martes día 10 de setembro

Nunha das mocións pediremos a dimisión de José María Sánchez Novo (Concelleiro de Seguridade Cidadá, Persoal e Primeiro Tenente de Alcalde)…

Atendendo ás declaracións que fixo aos medios de comunicación en relación aos feitos que desencadearon o falecemento da nosa veciña J.M.B. no incendio que se produciu na vivenda onde residía, entendemos, que devandito concelleiro non reúne os valores humanos que son tan necesarios e imprescindibles para representar á cidadanía desde os cargos que ostenta. Na outra, solicitaremos que se prohiba a utilización de pirotecnia ruidosa e bombas de palenque en todas as festas e eventos que se celebren no noso concello. Que soamente queden permitidas as que cumpran especificacións técnicas de silenciosas co obxectivo de non molestar.

 

Tanto os médicos como os veterinarios, e as protectoras de animais, advirten que cada ano por diferentes festas, tanto a pirotecnia ruidosa como bombas de palenque supoñen tanto para persoas con hiperacusia, nenos e animais ataques de ansiedade e de pánico e que lamentablemente cada ano cóbrase algunha vítima. Tamén, é importante lembrar que noutros concellos xa acordaron a utilización de pirotecnia insonora para evitar estas situacións molestas.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress