Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Domingo, 8 de septiembre de 2019 | Leída 71 veces

O Festival de Sisalde en Arteixo reúne a cerca de cinco mil personas arredor de diversas actividades relacionadas coa cultura galega

É a terceira edición dun festival que aúna a música de raíz tradicional cunha gran romería popular…

[Img #49473]

 

O festival de Sisalde celebrouse onte coa presencia de perto de cinco mil personas, que disfrutaron durante todo o día de diversas actividades relacionadas coa cultura galega. Organizado pola Concellaría de Promoción e Desenvolvemento do Concello de Arteixo. que dirixe Patricia Amado, o obxectivo do festival pasa pòr recuperar o carácter das “romerías populares, onde se combinaba pasar un día en familia nun entorno natural e a música”. .

 

Ademais da música de grupos como Milladoiro, os cántabros Cahórnega ou Kerkenai ofreceu un pèrcorrido pola artesanía do país cungha vintena de postos de diversos artesáns e actividades para que os nenos disfrutasen do entorno único da fraga de Sisalde, que incluiu a posta en marcha dun antigo muiño para que os máis pequenos poideran ver como funcionaban estes antigos útiles de labranza.

 

Foi unha xornada ateigada de música tradicional  no que participaron diversas agrupacións relacionadas coa cultura tradicional.

 

Patricia Amado destacou a colaboración tamén das asociacións de veciños de Chamín, Sorrizo e Barrañán que colaboran activamente co festival organizado polo concello de Arteixo.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress