Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 7 de septiembre de 2019 | Leída 76 veces

Os usuarios da aula lúdica realizaron unha ruta polo río Acheiro en colaboración co persoal do museo de Golmar

Descubriron a biodiversidade, paisaxes e restos de muíños existentes neste entorno fluvial. O percorrido foi duns tres quilómetros e realizouse en dúas quendas por grupos de idade...

[Img #49464]

 

Nesta semana os usuarios do servizo de aula lúdica municipal tiveron ocasión de participar nunha actividade diferente ás que levan desenvolvendo durante todo o verán.

 

En colaboración co persoal ao cargo tanto do Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte de Golmar e da oficina municipal de turismo, os rapaces realizaron unha ruta de sendeirismo polo río Acheiro. Nese percorrido a pé duns tres quilómetros de distancia os participantes puideron coñecer ese fermoso entorno fluvial, descubriron a biodiversidade e paisaxes da zona e tamén puideron ver os restos de antigos muíños de auga.

 

A actividade completouse cunha visita guiada polo propio Museo dos Muíños de Golmar.

 

Para facilitar o desenvolvemento desta iniciativa, realizáronse dúas rutas en días diferentes e con participantes divididos por grupos de idade.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress