Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 6 de septiembre de 2019 | Leída 36 veces
DIPUTACIÓN DA CORUÑA

Europe Direct A Coruña organiza en outubro un curso de formación sobre oposicións á Unión Europea

As persoas interesadas teñen ata o 9 de setembro para inscribirse e obter unha das 25 prazas ofertadas con carácter gratuíto...

Europe Direct A Coruña, centro oficial de información da Comisión Europea pertencente á Deputación da Coruña, organiza o "Curso de formación para a preparación de oposicións e procesos de selección da Unión Europea" que se celebrará entre o 4 de outubro e o 4 de novembro no Pazo Provincial.

 

O curso, de carácter gratuíto, está orientado a persoas tituladas universitarias ou en último ano de carreira con interese en coñecer as oportunidades de traballo nos organismos e institucións europeas e adestrarse para os procesos de selección que se convocan regularmente.

 

Ofértanse un total de 25 prazas, con carácter gratuíto, que serán asignadas conforme cos criterios establecidos na convocatoria. A inscrición está aberta ata o 9 setembro e realizarase enviando o formulario de solicitude ao enderezo de correo europedirect@dacoruna.gal.

 

O curso terá unha carga lectiva de 45 horas, das cales 30 serán presenciais e 15 de docencia en liña. As horas presenciais distribuiranse en sete sesións formativas que terán lugar entre o 4 e o 26 de outubro no Pazo Provincial (Avenida Porto da Coruña, nº 2 – 6ª).

 

Na selección das candidaturas valoraranse a posesión de título universitario, estudos de mestrado con formación na Unión Europea, a participación previa en procesos selectivos da Unión Europea, a realización de prácticas en institucións europeas ou de voluntariado europeo, así como o coñecemento das linguas de traballo nas institucións europeas.

 

Máis información dispoñible en: www.dacoruna.gal/europedirect

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress