Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 5 de septiembre de 2019 | Leída 70 veces
CARRAL

Música, maxia e teatro para as tardes das festas de Carral

A Concellería de Cultura do Concello de Carral desenvolve unha programación propia que complementará as actividades planificadas pola Comisión de Festas do Socorro para esta semana…

O xoves 5, no edificio Toñito Espiñeira, O Mago Pablo presentará o seu espectáculo Unha maxia diferente, dirixido a público familiar e promovendo valores de igualdade de xénero. A función comezará ás 18:00 h. con entrada libre e aforo limitado.

 

O venres 6, á mesma hora, no Campo da Feira diante da Casa do Concello, Pakolas ofrecerá un espectáculo con cancións dirixidas a público infantil. No mesmo emprazamento e á mesma hora, o sábado chega Culturactiva cunha comedia gastronómica titulada Saaabor!, protagonizada por Fran Rei e Félix Rodríguez.

 

O domingo 8, remata esta programación cultural cun concerto do grupo galego The Cerne, interpretando clásicos do rock, do soul e do blues. A actuación comezará ás 19:00 h. no Campo da Feira.

 

Para facer posible esta programación, o Concello de Carral conta coa colaboración da Deputación da Coruña, de Agadic e da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

 

O departamento de Cultura convida a todos e todas a gozar das festas e das diversas manifestacións culturais que nelas teñen cabida.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress