Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 5 de septiembre de 2019 | Leída 63 veces

O Festival de Sisalde en Arteixo ofrecerá o próximo sábado doce horas de actividades musicales, culturales e ocio que culminarán coa actuación de Milladoiro

Será a terceira edición dun festival que aúna a música de raíz tradicional cunha gran romería popular…

[Img #49448]

 

O festival de Sisalde presentouse onte no entorno da fraga de Sisalde nun acto que contou cunha pequena actuación de Dequenvensendo, un dos grupos que participará no certamen que se celebra o sábado a partir das doce da mañá, organizado pola Concellaría de Promoción e Desenvolvemento do Concello de Arteixo. que dirixe Patricia Amado. A concelleira destacou o obxectivo de recuperar o carácter das “romerías populares, onde se combinaba pasar un día en familia nun entorno natural e a música”. Bieito Romero, fundador de Luar na Lubre e veciño de Arteixo, tamén destacou a calidade dos grupos participantes, sobre todo a presencia de Milladoiro, o gran referente do folk en Galicia. Creo que Sisalde converteuse no festival máis importante da comarca actualmente”.

 

O festival terá como parte ademáis de música de grupos como Milladoiro, os cántabros Cahórnega ou Kerkenai ofrecerá un pèrcorrido pola artesanía do país e actividades para que os nenos disfruten do entorno único da fraga de Sisalde, que incluirán a posta en marcha dun antigo muiño para que os máis pequenos poidan ver como funcionaban estes antigos útiles de labranza.

 

Será unha xornada ateigada de música tradicional  na que participarán diversas agrupacións relacionadas coa cultura tradicional. Durante o Festival haberá outros divertimentos coma xogos para nenos, etnografía con visitas ao muíño de Sisalde, e varios postos de artesanía.

 

Patricia Amado destacou a colaboración tamén das asociacións de veciños de Chamín, Sorrizo e Barrañán que colaboran activamente co festival organizado polo concello de Arteixo.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress