Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 4 de septiembre de 2019 | Leída 29 veces

Galicia é a segunda comunidade na que máis baixa o paro e suma 45 afiliados ao día no último ano

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, valorou onte os datos do paro no mes de agosto que descende a un maior ritmo que o conxunto do Estado. O desemprego continúa caendo, seis anos de xeito consecutivo en agosto, pechando nesta ocasión cun descenso do 6,45% nos últimos 12 meses. A Comunidade galega conta con 10.604 parados menos, situándose en niveis de desemprego moi inferiores aos de hai unha década. As afiliacións continúan por riba do millón por sexto ano consecutivo e medran en 16.513 no último ano. Toca sinala a aposta da Xunta por mellorar a empregabilidade nos colectivos con maiores dificultades para atopar un posto de traballo, como as mulleres e os mozos e mozas...

[Img #49447]

 

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, informou onte de que Galicia é a segunda Comunidade na que máis baixou o paro. Así, rexistrou no mes de agosto unha baixada do paro do -6,45% fronte ao -3,65% de España, é dicir, preto de tres puntos mellor.

 

En Galicia, polo tanto, hai 10.604 desempregados menos que hai un ano, polo que o número de parados sitúa á Comunidade en niveis moi inferiores aos de hai unha década e próximos aos de antes do inicio da crise. O paro, polo tanto, continúa caendo 6 anos de xeito consecutivo no mes de agosto.

 

Con respecto á evolución anual das afiliacións, con 1.036.900 de cotizantes, a Comunidade leva seis meses consecutivos por riba do millón e suma, no último ano, un total de 16.513 afiliados (+1,62%), o que supón unha media de 45 ao día. A estabilidade da economía galega permite á Comunidade comportarse mellor ante a incerteza política de España e, así, as afiliacións medran a un ritmo maior do que baixa o paro.

 

A secretaria xeral, así mesmo, indicou que o desemprego baixa nos colectivos prioritarios para a Xunta: os menores de 30 anos, as mulleres e os parados de longa duración. De feito, 9 de cada 10 persoas que saíron do paro no último ano atopábanse nesta última situación.

 

O paro tamén caeu nas catro provincias e sete grandes cidades galegas e en todos os sectores de actividade, liderando o descenso a construción (-13,20%), seguido da agricultura e a pesca (-9,20%), da industria (-7,25%) e dos servizos (-4,92%). En canto á baixada por provincias, Lugo lidera a caída cun descenso do -8,05%, seguida da de Ourense (-7,44%), da Coruña (-6,34%) e de Pontevedra (-5,86%).

 

Impulso ao emprego

A Xunta está comprometida coa mellora da empregabilidade de todos os galegos e galegas e, especialmente, no caso dos colectivos con maiores dificultades, como é o caso dos menores de 30 anos -colectivo que este mes de agosto, con 18.526 desempregados, acada a cifra máis baixa de paro de toda a serie histórica-.

 

Neste sentido, este ano púxose en marcha a iniciativa Galicia Emprega que, cun orzamento de 9,4M€, apoiará a formación e contratación de 1.100 persoas entre mulleres, parados de longa duración, mozos e mozas, ademais de persoas con capacidades diferentes ou en risco de exclusión. A iniciativa contempla un bono formación para traballadores e traballadoras e incentivos á contratación para as empresas.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress